Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna
| Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna | |
|---|---|
| San Cristóbal de La Laguna | |
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Diocese
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
| Patrimonio cultural | |
| Ben de Interese Cultural | |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
O Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna é unha igrexa situada na cidade de San Cristóbal de La Laguna (Tenerife, Illas Canarias), á beira da Praza do Cristo de La Laguna. O Santuario é un dos máis importantes templos das Illas Canarias, que garda a imaxe do Santísimo Cristo de La Laguna, que é unha das imaxes máis veneradas polos canarios.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa foi construída en 1580 por orde de Alonso Fernández de Lugo (conquistador da illa). A igrexa forma parte dun convento franciscano e ten unha única nave, alta e estreita. A imaxe de El Cristo de La Laguna foi feita de madeira, en Flandres, polo escultor belga Louis Van Der Vule no século XVI. Esta imaxe, de gran valor histórico e artístico, ten gran devoción, non só na cidade de La Laguna, senón tamén no resto das illas. A imaxe está colocada nunha cruz de prata.
No interior, o altar maior está enteiramente feito de prata e ouro, neste altar é onde atopamos a imaxe do Cristo. Varios papas concederon indulxencias ao Santuario [1]. En 1906, o rei de España, Afonso XIII concedeu o título do Real Santuario.[2][3]
Xunto ao Santuario están o Cuartel Militar, a casa do xefe do Comando Militar de Área e as Illas Canarias.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Interior
-
Foto antiga
-
Campanario
-
Cristo de La Laguna
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatutos Oficiales de la Esclavitud del Santísimo Cristo de La Laguna" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Programa de actos 2007 Cristo de La Laguna" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2011. Consultado o 08 de xullo de 2011.
- ↑ "Cristo de La Laguna. Página Web de su Hermandad". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2013.
