San Sebastián de la Gomera
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
San Sebastián de la Gomera | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Illa | ||
Xeografía | ||
Altitude | 128 msnm | |
Superficie | 113,59 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 9.120 hab. (2011) | |
Densidade | 80,29 hab/km² | |
Xentilicio | Hermigüense | |
Outros datos | ||
Código postal | 38880 | |
Alcalde | Ángel Luis Castilla Herrera (PSOE) | |
www.sansebastiangomera.org |
San Sebastián de la Gomera, coñecido popularmente como La Villa, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. É a capital da illa de La Gomera, pertencente ás Canarias. Neste municipio atópase a ermida da Virxe de Guadalupe, patroa da illa.
Ten unha poboación de 9.120 habitantes (INE, 2011). Ademais do casco, as entidades poboacionais máis importantes son El Molinito, Laguna de Santiago e Tecina. Preto de 1850 absorbeu ao municipio de Jerduñe.
Descrición[editar | editar a fonte]
Está situado ao leste da illa. Ten unha extensión de 114,47 km² e a súa altitude é de 5 metros sobre o nivel do mar.
Conta cun porto comercial, polo que pasou Cristovo Colón nas súas viaxes ao continente americano. O lugar onde se aloxou, a Casa de Colón, é agora un museo.
Neste municipio atópase La Torre del Conde que foi construída entre os anos 1447 e 1450 polo Conde da Gomera. Durante unha rebelión dos nativos da illa foi lugar de refuxio para os españois. Tamén destaca en San Sebastián a igrexa da nosa Señora da Asunción e a Ermida de San Sebastián.
A economía no pasado estivo baseada na agricultura, pero nos últimos anos cobrou importancia o sector servizos.
Ao redor de 1599, un grupo de holandeses intentaron invadir a illa polo porto da Vila, pero foron rexeitados polos gomeros.
Panorama[editar | editar a fonte]
A Vila de San Sebastián de la Gomera atópase nun val á beira do mar, a "silueta" de San Sebastián está dominada pola figura do Teide situado na illa de Tenerife. A montaña é claramente visible desde a maior parte da illa de La Gomera, incluída a súa capital San Sebastián de la Gomera, e é representada a miúdo por artistas gomeros en pinturas, souvenirs e demais obxectos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Sebastián de la Gomera |