Roger Mortimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roger Mortimer
Nacemento25 de abril de 1287
 Wigmore Castle
Falecemento29 de novembro de 1330
 Londres
CausaEnforcamento
SoterradoHerefordshire
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónpolítico
PaiEdmund Mortimer, 2nd Baron Mortimer
NaiMargaret Mortimer, Baroness Mortimer
CónxuxeJoan de Geneville, 2nd Baroness Geneville
FillosEdmund Mortimer, Margaret Mortimer, Catarina Mortimer e Agnes Mortimer, Countess of Pembroke
editar datos en Wikidata ]
Ilustración dun manuscrito do século XIV mostrando a Roger Mortimer e a raíña Sabela de Inglaterra no primeiro plano.

Sir Roger Mortimer, nado o 25 de abril de 1287 e falecido en Londres o 29 de novembro de 1330, foi o oitavo home de Wigmore.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primoxénito de Roger Mortimer e Margarida de Fiennes, lugartenente do rei Eduardo II de Inglaterra e gran xuíz de Irlanda(1231- 1321). Foi encerrado polo rei na Torre de Londres e sería o primeiro prisioneiro que logrou evadirse de ela. Refuxiouse en Francia, con Roberto III de Artois, conde de Beuaumont-le-Roger, e namorou á raíña Isabel de Francia,[1] filla de Filipe o Fermoso e muller do rei Eduardo II, cando esta foi a Francia a firmar o tratado de paz co seu irmán, o rei Carlos IV o Fermoso.

Mortimer, apoiado por Isabel, encabezou unha rebelión que destronou a Eduardo II e mandouno asasinar o 21 de setembro de 1327, no castelo de Berkeley, apoiado de novo pola súa amante, a raíña Isabel, Adam Orleton, bispo de hereford e Tesoureiro de Inglaterra e polo Parlamento.

Trala morte de Eduardo II, Mortimer converteuse en rexente ata a maioría de idade do fillo do primeiro coa raíña Isabel, Eduardo III de Inglaterra, herdeiro ao trono. Mortimer foi nomeado Conde de March en 1328, e obrigou a Eduardo a nomealo par do reino. En 1329 mandou decapitar ao irmán de Eduardo II, Edmundo, conde de Kent, e gañou o desprezo de seu fillastro. Foi arrestado por Eduardo III e condenado polo Parlamento; sería aforcado nos Common Gallows, no cadafalso de Tyburn, Londres.

Mortimer casou con Xoana de Longueville, doncela da raíña Isabel. Con esta, se ben nunca casaron, o seu amor foi o máis famoso do século.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Born 1287? died Nov. 29, 1330, Tyburn, near London, Eng. Lover of the English king Edward II's queen, Isabella of France, Encyclopædia Britannica.