Rogelio Martínez González
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rogelio Martínez.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1956 A Arnoia, España |
| 1979 – 2009 – José Camilo Fariñas → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Rogelio Martínez González, nado na Arnoia en 1956, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En abril de 1979 foi elixido alcalde da Arnoia con maioría absoluta, sendo naquel momento o alcalde máis novo de España.[1]. Continuou como alcalde da Arnoia con maioría absoluta á fronte de Alianza Popular (logo Partido Popular) durante 30 anos. Chegou a ser presidente da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, portavoz do PPdeG na Deputación de Ourense e vicepresidente primeiro de Xosé Luis Baltar. En maio de 2009 foi nomeado Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense[2], polo que abandonou a alcaldía e os seus cargos na Deputación. Mantívose como Delegado ata o 8 de outubro de 2015, cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o cesou.[3][4]
| Predecesor: Rafael Bangueses Bangueses |
Alcalde da Arnoia 1979 - 2009 |
Sucesor: José Camilo Fariñas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rogelio Martínez es el superdelegado de la Xunta de Galicia en Ourense Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. www.ourensedixital.com, 14/12/2009. (en castelán)
- ↑ "Feijóo coloca a una abogada afín a Baltar en la Delegación de la Xunta". La Región (en castelán). 8 de outubro de 2015.
- ↑ "Feijóo cesa a Rogelio Martínez como delegado territorial". Faro de Vigo (en castelán). 9 de outubro de 2015.
- ↑ M. Cheda (8 de outubro de 2015). "Feijóo suelta lastre de imputados". La Voz de Galicia (en castelán).