Roger Torrent i Ramió

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roger Torrent i Ramió
Roger Torrent i Ramió
Torrent en 2018.

Actualmente no cargo
Dende o 17 de xaneiro de 2018
Precedido por Carme Forcadell
Sucedido por No cargo

17 de decembro de 2012 – No cargo

Escut de Sarrià de Ter.svg
Alcalde de Sarrià de Ter
16 de xuño de 2007 – 19 de xaneiro de 2018
Precedido por Nicolás Pichardo Delgado
Sucedido por Narcís Fajula Aulet

Datos persoais
Nacemento 19 de xullo 1979 (39 anos)
Sarrià de Ter, Xirona
Partido Esquerra Republicana de Catalunya
Profesión Politicólogo
Alma máter Universidade Autónoma de Barcelona
Sinatura Sinatura de Roger Torrent i Ramió
Sitio web http://www.parlament.cat/

Roger Torrent i Ramió, nado en Sarrià de Ter (Xirona) o 19 de xullo de 1979, é un politicólogo e político catalán afiliado desde o ano 2000 a Esquerra Republicana de Catalunya, que foi alcalde da súa localidade de nacemento, deputado provincial e autonómico, e que foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña o 17 de xaneiro de 2018.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Roger Torrent é graduado en Ciencia Política e da Administración pola Universidade Autónoma de Barcelona e cursou un mestrado en estudos territoriais e planificación das universidades Politécnica de Catalunya e Pompeu Fabra.[2]

Alcaldía de Sarrià de Ter[editar | editar a fonte]

Inicialmente traballou como técnico na administración local. Foi membro de diversas asociacións culturais e veciñais. En 1998, uníuse ás xuventudes de Esquerra Republicana e dous anos máis tarde afiliouse ao devandito partido político. Desde 1999 foi membro do Concello da vila de Sarrià de Ter e, logo de dúas lexislaturas na oposición, foi elixido alcalde en 2007, grazas a un pacto de ERC con Convergència i Unió. Nas eleccións municipais de 2011 e de 2015 foi validado no cargo ao acadar o seu partido a maioría absoluta. En 2011 entrou a formar parte da Deputación Provincial de Xirona, onde foi portavoz de ERC. Entre 2000 e 2008 foi secretario de política parlamentaria rexional na federación xironesa do partido. Tamén foi membro da executiva da Asociación Catalá de Municipios e Comarcas entre 2007 e 2011.[3][4]

Deputado no Parlamento catalán[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012 e de 2015 foi elixido membro do parlamento por Girona, esta última dentro da candidatura de Junts pel Sí, lexislatura na que exerceu como voceiro adxunto do grupo parlamentario.[5] Tamén formou parte da comisión de Gobernación, Administracións Públicas e Vivenda, así como da comisión de Economía e Facenda, do relatorio conxunto pola Administración tributaria catalá e da comisión de investigación sobre a Operación Catalunya.

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de de 2017 foi o número dous da lista de ERC pola circunscrición de Xirona, detrás da ex-conselleira Dolors Bassa, e foi elixido deputado autonómico na décimo segunda lexislatura.[6]

Presidencia do Parlamento de Cataluña[editar | editar a fonte]

O 17 de xaneiro de 2018 foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña, en substitución de Carme Forcadell, cos votos dos deputados de ERC, Junts per Catalunya e a CUP, e coa abstención de Catalunya en Comú-Podem.[7] Durante o seu discurso de aceptación para a súa posición, xurou contribuír a "coser a sociedade" e a priorizar a "recuperar as institucións", no marco da aplicación do artigo 155 da Constitución. Tamén anunciou que renunciaría á alcaldía de Sarrià de Ter na mesma semana.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos biográficos na web do Parlamento de Cataluña (en catalán)
  2. Datos biográficos en Alcaldes.eu (en catalán)
  3. "Roger Torrent: Independentista convençut, esportista i molt vinculat a la vida de Sarrià de Ter". En Diari de Girona. 19 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  4. "Roger Torrent, home de partit i polític professional". En El Periódico. 17 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  5. "Joan Giraut, nou president de la Diputació de Girona". Deputación de Xirona. 29 de xaneiro de 2013 (en catalán)
  6. "Eleccions al Parlament de Catalunya 2017. Composició del Parlament Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Generalitat de Catalunya (en catalán)
  7. "ERC elige a Roger Torrent como candidato a presidir el Parlament". En El Diario. 16 de xaneiro de 2018 (en castelán)
  8. "Torrent es compromet a “contribuir a cosir la societat” i prioritzar la “recuperació de les institucions”". En VilaWeb. 17 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  9. "Roger Torrent: “Vull contribuir a cosir la societat catalana”". En RAC1 (en catalán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]