Roger O'Donnell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger O'Donnell
Data nacemento29 de outubro de 1955 (68 anos)
Nado enLondres. Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)teclados
Relacionado conThe Cure, The Psychedelic Furs, Thompson Twins
Na rede
http://www.rogerodonnell.com/
IMDB: nm1902398 Allmovie: p301791
Facebook: rogerodonnellmusic Souncloud: rogerodonnell Spotify: 7uPA6aEnbQYWtCQcXTgg88 iTunes: 26405445 Musicbrainz: 23ac4aa8-5af1-4890-b7b9-2c6553b75de3 Songkick: 976934 Discogs: 246984 Allmusic: mn0000254164 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roger O'Donnell, nado o 29 de outubro de 1955 en Londres, é un teclista inglés coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo The Cure. O'Donnell tamén tocou en The Psychedelic Furs, Thompson Twins e Berlin, ademais de ter unha activa carreira en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O'Donnell naceu nunha familia de músicos, aistiu á escola de arte pero deixouna para seguir unha carreira como músico profesional. Realizou o seu concerto en 1976, no Oxford Town Hall respaldando ao lendario icona pop británico Arthur Brown.

A comezos dos anos 80 tocou con The Thompson Twins, Berlin e The Psychedelic Furs, e era un gran seareiro dos sintetizadores producidos por Sequential Circuits. Mentres estaba de xira con The Psychedelic Furs, O'Donnell estableceu o récord de ter o maior número de modelos de Sequential ao mesmo tempo no escenario.

The Cure[editar | editar a fonte]

O'Donnell uniuse a The Cure en 1987, substituíndo a Lol Tolhurst nos teclados, despois de ser amigo durante bastante tempo do batería Boris Williams. Tocou coa banda durante a súa xira do Kiss Me Kiss Me Kiss Me, aínda que non contribuíra no álbum (porén, si aparece nos vídeos de "Just Like Heaven" e "Hot Hot Hot!!!"). Con O'Donnell nos teclados, Porl Thompson puido centrarse na guitarra. Moitas das actuacións de O'Donnell desa xira poden escoitarse na edición deluxe de Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me.

Para o seguinte traballo, Disintegration, O'Donnell converteríase en membro da banda, e as súas contribucións na composición poden escoitarse nos temas "Untitled" e "Fear of Ghosts", que é a cara b do sinxelo "Lovesong". Tamén aparece no álbum ao vivo dese período, Entreat. Despois da xira Prayer Tour en 1989, O'Donnell deixaría o grupo temporalmente en 1990 debido a unha diferenza de opinións con algúns dos membros.

Durante o período de máis éxito de The Cure, O'Donnell foi o único membro en tocar o piano e os teclados como instrumento principal. O anterior teclista Lol Tolhurst tamén tocou a batería por un tempo, e o seguinte, Perry Bamonte, cambiouse pola guitarra. O'Donnell regresou á banda en 1995 e aparece nos álbums Wild Mood Swings, Bloodflowers e The Cure. Tamén sae no DVD ao vivo Trilogy. Durante este período destaca que O'Donnell introduciu á banda na gravación dixital.

Cando O'Donnell comezou a traballar no seu traballo en solitario The Truth In Me a principios do 2005 afirm ou que non tiña plans de deixar The Cure. Porén, ese mesmo ano Robert Smith decidiu reconfigurar The Cure como trío, sen O'Donnell e Perry Bamonte. O'Donnell confirmou porteriormente que o rumor que dicía que foi despedido por correo electrónico era falso, e a súa saída lle permitira centrarse na súa carreira en solitario.

En maio de 2011, O'Donnell e Laurence Tolhurst reuníronse con The Cure para interpretar enteiramente os seus tres primeiros álbums, Three Imaginary Boys, Seventeen Seconds e Faith, no Sydney Opera House. No concerto tamén tocáronse caras b e sinxelos doutros álbums durante os bises. O 11 de setembro O'Donnell anunciou a través do seu Facebook que estaba de volta en The Cure.

Traballo en solitario[editar | editar a fonte]

A actual carreira en solitario de O’Donnell comezou cando lle pediron realizar unha canción para un documental sobre Bob Moog, "Moog". Isto foi a principios do ano 2004, mentres era membro de The Cure. Posteriormente mentres estaba axudando a promocionar o filme co seu produtor Ryan Page no Sheffield Documentary Festival, unha conversa levou a suxerirlle a O’Donnell que podería escribir un álbum enteiro, composto e gravado do mesmo xeito que se fixera a cancón "Another Year Away", feita enteiramente só cun Minimoog Voyager.

Entre finais do 2004 e principios do 2005 O’Donnell completou o seu proxecto que se convertería en The Truth In Me, editado no ano 2006.

No verán do 2005 O’Donnell e o seu compañeiro e colaborador Erin Lang formaron o seu propio selo coa idea de apoiar a artistas sen contrato, principalmente da electrónica, e publicar a súa música. O primeiro lanzamento foi no mes de setembro, un sampler chamado Nothing Concrete, composto de 10 temas de artistas sen selo. A discográfica chámase 99 Times Out of 10 ou 99X/10.

En negociacións por atopar un distribuidor nos Estados Unidos, a Roger ofrecéronlle asinar un contrato co grupo de selos independentes Worlds Fair, coa súa etiqueta Great Society, distribuída por Warner Brothers.

O’Donnell editou dous álbums con Great Society, The Truth In Me no 2006 e Songs Form The Silver Box no 2009. Ámbolos dous contan con Erin Lang nas voces, e coa colaboración como convidada da cantante australiana Lenka no último. Un EP de remesturas do The Truth In Me tamén foi lanzado, con versións feitas por Dntel, Fourtet e Console, reputados artistas da escena electrónica.

A asociación de Roger con World's Fair e Great Society rematou no 2009, cando o selo desapareceu. Todos os seus futuros lanzamentos, e os de Erin Lang, realizar´´ianse a través de 99X/10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]