Ferrari 125 F1
| Ferrari 125 F1 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O 125 F1 foi o primeiro coche de Ferrari de Fórmula Un. Compartiu o seu motor co 125 S coche deportivo que o precedeu un ano antes, pero que foi desenvolvido ao mesmo tempo por Enzo Ferrari e o famoso deseñador, Gioacchino Colombo.
O 125 F1 tiña chasis de aceiro tubular e un motor V12 sobrealimentado de 1´5 litros, que rendía 230 cv de potencia a 7.000 rpm. Súa primeira carreira foi o XVIII Gran Premio de Italia, disputado o 5 de setembro de 1948, e tivo como piloto a Raymond Sommer quedando o 125 F1 na 3ª posición.
Para 1949, o motor foi modificado o que deu ao coche unha potencia de 280 cv a 8.000 rpm, garantindo ao modelo máis de 5 vitorias aquel ano con Alberto Ascari, Luigi Villoresi e Peter Whitehead O desenvolvemento continuou o ano seguinte, o compresor foi retirado en favor dun motor maior, o 275, proxectado por Aurélio Lampredi.
Xa no período da Fórmula 1 moderna, o modelo foi utilizado nas tempadas de 1950, 1951 e 1952 de F1. Foi pilotado por Alberto Ascari, Raymond Sommer, Gigi Villoresi, José Froilán González, Giuseppe Farina e Piero Taruffi.
Andaina
[editar | editar a fonte]O 125 F1 debutou no Valentino Grand Prix O 5 de setembro de 1948. Enviáronse tres coches, cos pilotos Príncipe Bira de Tailandia, Nino Farina e Raymond Sommer que quedou terceiro na carreira.
| Data | Lugar | Piloto |
|---|---|---|
| 24 de outubro de 1948 | circuíto de Garda, Salò | Giuseppe Farina |
| 3 de xullo de 1949 | Gran Premio de Suíza, Berna | Alberto Ascari |
| 31 de xullo de 1949 | gran Premio de Zandvoort | Luigi Villoresi |
| 20 de agosto de 1949 | Daily Express Trophy, Silverstone | Alberto Ascari |
| 11 de setembro de 1949 | Gran Premio de Italia, Monza | Alberto Ascari |
| 25 de setembro de 1949 | circuíto de Masaryk, Brno | Peter Whitehead |
| 13 de xullo de 1950 | Jersey Road Race | Peter Whitehead |
| 12 de agosto de 1950 | Ulster Trophy, Dundrod | Peter Whitehead |
| 1 de outubro de 1950 | Interstate Race, Interlagos | Francisco Landi |
| 25 de xaneiro de 1951 | Gran Premio de São Paulo | Francisco Landi |
| 20 de maio de 1951 | Governador Noguera Garcez Race, Interlagos | Francisco Landi |
| 28 de xuño de 1951 | Gran premio de Bõa Vista, Río de Xaneiro | Francisco Landi |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1950 | Ferrari 125 F1 1´5 V12 | D | RU | MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA | ||
| Peter Whitehead | NTS | 3 | 7 | ||||||||
| P | Luigi Villoresi | Ret | Ret | 6 | |||||||
| Alberto Ascari | 2 | Ret | |||||||||
| Raymond Sommer | 4 | ||||||||||
| 1951 | Ferrari 125 F1 1´5 V12 | D | SUI | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | ITA | ESP | |
| Peter Whitehead | Ret | Ret | |||||||||
| P | Ret | ||||||||||
| 1952 | Ferrari 125 F1 1´5 V12 | D | SUI | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | NED | ITA | |
| Peter Whitehead | 10 | NSC | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 125 F1 |