Javier Cercas
José Javier Cercas Mena, máis coñecido como Javier Cercas, nado en Ibahernando, Cáceres, en 1962 é un escritor español, que ademais traballa como columnista no diario El País. Exerceu durante anos como docente universitario de filoloxía.
A súa obra é fundamentalmente narrativa e caracterízase pola mestura de xéneros literarios, o uso da novela testemuño e a mestura de crónica e ensaio con ficción. A partir da súa exitosa novela Soldados de Salamina (2001), a súa obra foi traducida en máis de vinte países e a máis de trinta idiomas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e adolescencia
[editar | editar a fonte]José Javier Cercas Mena é fillo dun veterinario rural e primo carnal do político Alejandro Cercas. Naceu en Ibahernando, un pequeno municipio español da provincia de Cáceres, Estremadura. En 1966, aos catro anos de idade, trasladouse coa súa familia a Xirona.[2] Até os quince anos viaxou todos os veráns ao seu pobo natal, mantendo con Ibahernando unha estreita relación que mantén até a actualidade.
Durante a súa adolescencia interesouse pola literatura e o cine. Algúns membros da súa familia próxima, incluíndo ao seu pai, eran falanxistas, pero el comezouse a facer unha opinión propia da Guerra civil española, lendo moito sobre o tema.
Mocidade e idade adulta
[editar | editar a fonte]En 1985 licenciouse en Filoloxía hispánica na Universidade Autónoma de Barcelona e máis tarde doutorouse na mesma especialidade na Universidade de Barcelona.[3] Traballou durante dous anos na Universidade de Illinois en Urbana, época en que escribiu a súa primeira novela. Desde 1989 comezou a exercer como profesor de literatura española na Universidade de Xirona, e traballou escribindo artigos e críticas para diversos xornais. É colaborador habitual da edición catalá e do suplemento dominical do diario El País.
Logo de vivir varios anos en Barcelona, Cercas regresou coa súa esposa e o seu fillo a Xirona en 1999. Até o ano 2000, Javier Cercas era un escritor moi pouco coñecido. Isto apréciase no feito que nunha antoloxía de autores españois publicada ese ano, titulada Páginas amarillas, é excluído dunha lista de varios escritores da súa mesma xeración.[4] A pesar do anterior, o seu amigo, o recoñecido escritor chileno Roberto Bolaño, recoñecía nel a un escritor talentoso e estimulouno a continuar escribindo.
Consolidación literaria
[editar | editar a fonte]

En 2001 Cercas publicou a súa novela Soldados de Salamina, a cal o converteu nun escritor mundialmente recoñecido, recibindo excelentes críticas por parte de prestixiosos escritores tales como Mario Vargas Llosa, J. M. Coetzee, Doris Lessing, Susan Sontag e George Steiner. As numerosas vendas desta obra permitiron ao escritor dedicarse exclusivamente a escribir, deixando o seu oficio como profesor de filoloxía.[5] Unha versión cinematográfica desta novela estreouse dous anos despois, baixo a dirección de David Trueba.
A súa seguinte novela, La velocidad de la luz, que apareceu en 2005, foi considerada como libro do ano polo xornal La Vanguardia e Qué Leer, e obtivo distintos premios. Nas súas novelas seguintes, Anatomía de un instante (2009), Las leyes de la frontera (2012), El impostor (2014) e El monarca de las sombras (2017) o autor mantivo un forte interese polos períodos históricos da guerra civil española e a Transición española posterior ao Franquismo.
A súa obra foi traducida a máis de vinte linguas. Pola súa banda el mesmo traduciu a autores cataláns contemporáneos e a H. G. Wells.
Estilo e influencias
[editar | editar a fonte]A narrativa de Cercas caracterízase por facer uso da novela testemuño, en que se mesturan feitos verídicos e ficticios, sen quedar claros os límites dos uns e os outros. Para o escritor, toda novela é autobiográfica, aínda que ademais debe levar unha catarse, unha forma de salvación. Esta forma de ver a literatura, que aplica á estrutura e forma de relatar as súas historias, foi celebrada por moitos, pero tamén xerou algunhas críticas noutros, talles como o escritor Félix de Azúa ou o xornalista Arcadi Espada, quen defenden unha maior nitidez nos límites entre ficción e realidade.[6] As súas obras adoitan estar sobre todo ambientadas en contornas urbanas, abarcar períodos do tempo presente ou do pasado próximo, e posuír un ton amable e en ocasións humorístico.
En canto ao proceso de escrita, segundo o propio autor, a pesar de que as súas novelas son todas moi diferentes, todas elas comezan cunha pregunta, e o libro corresponde a unha procura da súa resposta, que finalmente non se consegue, ou ben a resposta é a pregunta en si mesma. O escritor afirma que ao momento de comezar unha nova novela, só ten unha vaga idea sobre ela, e esta vaise definindo a medida que se vai desenvolvendo. Dixo que o seu ideal son as «novelas fáciles de ler e difíciles de entender», como é o caso de Don Quixote da Mancha, a súa novela favorita.
O mesmo autor recoñece no contista arxentino Jorge Luís Borges unha das súas maiores influencias e estímulos para escribir, téndoo comezado a ler aos catorce anos de idade. Así mesmo recoñece que para el os dous autores máis importantes na literatura son Borges e Franz Kafka.[7]
Para Cercas, o rol do articulista é case oposto ao rol do novelista, aínda que unha mesma persoa pode ser capaz de exercer ambos os dous sen problemas.[8]
Ideoloxía política
[editar | editar a fonte]As novelas e crónicas de Javier Cercas adoitan posuír un forte contido político, polo que se manifesta como autor de tendencia esquerdista, aínda que tamén un crítico do discurso e estado actual da esquerda no seu país. É ademais un fervente opositor á ditadura de Francisco Franco, que polemizou con diversos intelectuais, xornalistas e políticos acerca das responsabilidades durante a Guerra Civil Española, a ditadura e a Transición Española. Entre outros, debateu con José Ignacio Wert e Gregorio Morán.
Viviu case toda a súa vida en Cataluña, pero considérase, nas súas palabras, un «estremeño catalanizado ou un catalán que non acerta a deixar de ser estremeño (ou ao revés)». En Cataluña existe un forte nacionalismo, que ás veces leva a un sentimento de independizarse do resto de España. Cercas rexeita en xeral os nacionalismos, que considera cuestión pasional, a diferenza do independentismo, que é un tema político, apenas discutido, e ao que estaría disposto a adherirse se lle demostraran que as independencias de Cataluña ou o País Vasco puidesen ser beneficiosas para os seus habitantes.[9] Este antinacionalismo carrexoulle disputas con outros escritores e historiadores, tales como Joan B. Culla, e levouno a criticar abertamente a manifestantes simpatizantes de ETA. Tamén se mostrou a favor dunha Europa federada ou confederada.[10]
O escritor declárase ateo e anticlerical, e está moi interesado na política da Cidade do Vaticano.[11]
Obra
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- El móvil (1987). Reeditada coa novela curta homónima en 2003 por Tusquets e en 2017 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
- El inquilino (1989). Reeditada en 2000 por Acantilado e en 2019 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
- El vientre de la ballena (1997). Reescrita e reeditada en 2014 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
- Soldados de Salamina (2001). Reeditada con correccións en 2015 por Literatura Random House, con epílogo do autor, e en 2017 na colección Letras Hispánicas, de Cátedra.
- La velocidad de la luz (2005). Reeditada en 2013 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
- Anatomía de un instante (2009). Debolsillo. ISBN 978-84-9062-349-7.
- Las leyes de la frontera (2012). Debolsillo. ISBN 978-84-9032-639-8.
- El impostor (2014). Dbolsillo. ISBN 978-84-9062-750-1.
- El monarca de las sombras (2017). Debolsillo. ISBN 978-84-663-4755-6.
- Terra Alta (2019). Booket. ISBN 978-84-08-23796-9.
- Independencia (2021). Tusquets Editores. ISBN 978-84-1107-075-1.
- El castillo de Barbazul (2022). Tusquets Editores. ISBN 978-84-1107-084-3.
Artigos
[editar | editar a fonte]- Una buena temporada (1998). En 2004, Editora Regional de Extremadura. ISBN 978-84-7671-768-4.
- Relatos reales (2000). Reeditado en 2020 por Literratura Random House, con prólogo do autor.
- La verdad de Agamenón (2006). Reeditado en 2013 por Literatura Random House con algúns cambios no prólogo e dous artigos menos.
- Formas de ocultarse (2016).
- Ramón de España, Barcelona fantasma (2022). Vegueta Ediciones (Barcelona)
Ensaios
[editar | editar a fonte]- La obra literaria de Gonzalo Suárez (1993).
- El punto ciego (2016).
Outros
[editar | editar a fonte]- Una oración por Nora (2002).
- Diálogos de Salamina: un paseo por el cine y la literatura (2003). Con David Trueba; Luis Alegre, ed.; David Airob, fot.)
- Cartes entre Sant Jordi & el Drac (2013). Correspondencia con Sergi Pàmies.
Traducións
[editar | editar a fonte]- 1992 - Francesc Trabal, El hombre que se perdió
- 1997 - H. G. Wells, El país de los ciegos y otros relatos (reeditado en 2005)
- 1997 - Quim Monzó, Guadalajara
- 1998 - Sergi Pàmies, La gran novela sobre Barcelona
- 2002 - Ponç Puigdevall, Àlbum Galmés
- 2003 - Quim Monzó, Ochenta y seis cuentos
- 2004 - Quim Monzó, Splassshf
Prólogos
[editar | editar a fonte]- 2012 - Felipe Alaiz, El arte de escribir sin arte
- 2022 - Ramón de España, Barcelona fantasma, Vegueta Ediciones (Barcelona)
Premios
[editar | editar a fonte]Por Soldados de Salamina
- Premio Salambó de Narrativa 2001
- Premio Qué Leer
- Premio Crisol
- Premio Llibreter
- Premio Cálamo 2001
- The Independent Foreign Fiction Prize (Reino Unido)
- Premio Grinzane Cavour (Italia)
- Premio de la Crítica de Chile (Chile)
- Premi Ciutat de Barcelona
- Premio Ciudad de Cartagena
- Medalla de Extremadura 2005
Por La velocidad de la luz
- Premio Arzobispo Juan de San Clemente
- Cartelera Turia
- Athens Prize for LiteraturePor Anatomía de un instante
- Premio Nacional de Narrativa 2010
- Premio Internacional Terenci Moix 2010
- Premio Mondello 2011 (Italia)
Por Las leyes de la frontera
- Premio Mandarache 2014
Por Terra Alta
- Premio Planeta 2019
Outros
- Grinzane Cavour de narrativa 2003
- Premio de la Crítica de Chile
- Prix Jean Monnet
- Premio Fundación Fernando Lara
- Premio Internazionale del Salone del Libro di Torino 2011
- Premio Lara de la prensa especializada
- Premio de Periodismo Francisco Cerecedo 2019
- Premio Mariano de Cavia 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mundo (25 de xullo de 2013). "Lo nuevo de Javier Cercas, en septiembre". Consultado o 14 de nadal de 2013.
- ↑ Librería el Tranvía. "Javier Cercas". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ ClubCultura.com. "Javier Cercas: Biografía". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2013.
- ↑ Varios autores. Páginas amarillas. Lengua de trapo. p. 466. ISBN 84-89618-15-1. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013.
- ↑ Vargas Llosa, Mario (3 de setembro de 2001). "El sueño de los héroes". El País. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ Pérez Oliva, Milagros (20 de febreiro de 2011). "En defensa de Cercas y de la verdad". El País. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ Cruz Vázquez, Mari (2 de febreiro de 2012). "Javier Cercas, Escritor". Vivir Extremadura. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ "Javier Cercas: La historia nunca se repite exactamente sino con máscaras diversas". La Tundra. 16 de outubro de 2019. Consultado o 3 de maio de 2020.
- ↑ Carelli Lynch, Guido (11 de novembro de 2012). "Javier Cercas: "El nacionalismo es la peste, pero en literatura es el horror"". Revista de Cultura, Clarín. Consultado o 15 de xuño de 2013.
- ↑ Cercas, Javier (20 de outubro de 2015). "Tres futuros para Cataluña". El País. Consultado o 16 de novembro de 2015.
- ↑ Cercas, Javier (27 de marzo de 2013). "El Gran No". El País Semanal. Consultado o 26 de outubro de 2013.