Saltar ao contido

Quitina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quitina
Estrutura química
 Instancia de
 Composto por
osíxeno (O)
hidróxeno (H)
carbono (C)
nitróxeno (N₂) Editar o valor en Wikidata
 SMILES isomérico
N([C@@H]1[C@H](O[C@@H]([C@@H]([C@H]1O)O)CO)*O*[C@@H]1[C@@H](O)[C@H](NC(C)=O)[C@H](O[C@@H]1CO)*O*[C@@H]1[C@@H](O)[C@H](NC(C)=O)[C@H](O[C@@H]1CO)O)C(C)=O Editar o valor en Wikidata
 CXSMILES
[*]O[C@H]1[C@H](O)[C@@H](NC(=O)C)[C@@H](O[C@@H]1CO)O[C@@H]1[C@@H](CO)O[C@H]([C@H](NC(=O)C)[C@H]1O)[*] |Sg:n:1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24,25,26,27,28::ht| Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 203,1925 g/mol Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/016zg0 Editar o valor en Wikidata
MeSHD002686 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781088250 Editar o valor en Wikidata
CAS1398-61-4 Editar o valor en Wikidata
PubChem6857375 Editar o valor en Wikidata
UNII8SH93A7QWW Editar o valor en Wikidata
ChEBI17029 Editar o valor en Wikidata
KEGGC00461 Editar o valor en Wikidata
CE215-744-3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 173770
Wikidata C:Commons

A quitina é un polisacárido (homopolisacárido) formado por N-acetil-D-glicosamina, compoñente principal das cunchas dos crustáceos, das cutículas dos artrópodos e outros animais, e das paredes celulares de certos fungos e algas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]
Estrutura da molécula de quitina

Na súa hidrólise libera ácido acético e glicosamina. Trátase dun polímero de elevado peso molecular formado por monómeros de N-acetilglicosamina unidos mediante enlaces β-1,4. As cadeas son lineais, sen pólas e con varios centos de unidades cunha estrutura que se repite.

A quitina é insolúbel en auga, bases, ácidos diluídos e disolventes orgánicos, pero descompónse en ácidos minerais concentrados e hipoclorito de sodio (lixivia). A súa densidade relativa é 1,425 e detecta ben a súa presenza mediante tratamento con hidróxido de potasio (KOH) concentrado a 160 °C durante 20 minutos, dando unha substancia que se detecta mediante unha mestura de iodo 0,2% en ácido sulfúrico 1%, pola presenza dunha coloración violeta.[2]

Cristalografía

[editar | editar a fonte]

Hai tres formas cristalográficas diferentes de quitina (alfa, beta e gamma-quitina) que se diferencian na ordenación das cadeas e na presenza de auga nos enlaces. A alfa quitina é a única presente na cutícula dos artrópodos.

Quitosano

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: quitosano.

O quitosano ou chitosán é un polisacárido catiónico obtido a través da desacetilación da quitina, un proceso que se realiza tratando a quitina con sosa cáustica a altas temperaturas.[3] Este proceso elimina os grupos acetil, transformando a estrutura molecular da quitina e aumentando a súa solubilidade en medios ácidos. O quitosano é amplamente recoñecido polas súas propiedades biocompatibles, biodegradables e antimicrobianas, o que o fai útil en numerosas aplicacións como o tratamento de augas, a fabricación de biomateriais, a industria alimentaria, e como axente antibacteriano e cicatrizante en aplicacións médicas e cosméticas.[4]

  1. "quitina". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2025-02-04.
  2. densidade relativa ou gravidade específica é a razón entre a densidade dunha substancia e a densidade dunha substancia de referencia (xeralmente auga para líquidos e sólidos, e aire para gases), por iso non se expresa con unidades senón cun número.
  3. Dias, Francisco S.; Queiroz, Danilo C.; Nascimento, Ronaldo F.; Lima, Mario Bastos (2008). "Um sistema simples para preparação de microesferas de quitosana". Química Nova (en portugués) 31: 160–163. ISSN 0100-4042. doi:10.1590/S0100-40422008000100028.
  4. Jiang, Tao; James, Roshan; Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T. (2014-01-01). Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T.; Deng, Meng, eds. Chapter 5 - Chitosan as a Biomaterial: Structure, Properties, and Applications in Tissue Engineering and Drug Delivery. Oxford: Elsevier. pp. 91–113. ISBN 978-0-12-396983-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]