Saltar ao contido

Polisacárido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polisacárido
 Instancia de
 Composto por
Características
 Oposto a
 Polímero de
Códigos e identificadores
Freebase/m/05_09 Editar o valor en Wikidata
MeSHD011134 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC100817775 Editar o valor en Wikidata
ChEBI18154 Editar o valor en Wikidata
KEGGC00420 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 169623
Wikidata C:Commons

Os polisacáridos son hidratos de carbono formados por combinación dun número variable de monosacáridos (entre dez e varios miles). Polo seu interese na alimentación cómpre destaca-los seguintes:

  • Amidón: constitúe a principal reserva de hidratos de carbono nos alimentos de orixe vexetal. O amidón almacénase en forma de gránulos de forma e tamaño diversos, propios de cada especie vexetal. O amidón é insoluble en auga, polo que non se pode dixerir sen un tratamento térmico adecuado previo: a cocción dos alimentos ricos en amidón (como a pataca ou a fariña) faino dixerible.
  • Glicóxeno: unicamente presente en alimentos de orixe animal, nos que constitúe unha forma de reserva de glicosa equivalente á do amidón nos vexetais. O glicóxeno localízase no músculo e no fígado.
  • Celulosa: formada por miles de moléculas de glicosa, atópase na membrana das células vexetais. Resulta indixerible para o home e os animais carnívoros mentres que os herbívoros contan cunha flora intestinal capaz de degradala e asimilala.
  • Fibra alimentaria: constituída pola combinación de diversos polisacáridos (como a celulosa, pectina e outros) xunto á lignina, que non é un hidrato de carbono. A fibra alimentaria dá a estrutura fibrosa característica das verduras, froitas ou cereais. Non é asimilable pero resulta imprescindible para un correcto funcionamento do aparato dixestivo.

Outros polisacáridos presentes nos alimentos son os que constitúen as gomas hidrocoloidais, de diversa composición e características.

Estrutura química do glicóxeno