Galactosa
| Galactosa | |
|---|---|
| Identificadores | |
| Número CAS | 59-23-4 |
| PubChem | 439357 |
| ChemSpider | 388480 |
| UNII | X2RN3Q8DNE |
| KEGG | D04291 |
| MeSH | Galactose |
| ChEBI | CHEBI:28061 |
| ChEMBL | CHEMBL300520 |
| Código ATC | V04, ATC V08 DA02 (micropartículas) |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C6H12O6 |
| Masa molecular | 180,156 g mol−1 |
| Densidade | 1,723 g/cm3 |
| Punto de fusión | 167 °C |
| Solubilidade en auga | 683,0 g/L |
| Perigosidade | |
| NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como achega enerxética. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.
Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.
Síntese da galactosa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Síntese de galactosa.

A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.
A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.
