Lixosa
| Lixosa | |
|---|---|
(2R,3R,4S)-2,3,4,5-Tetrahidroxipentanal | |
Outros nomes L-Lixosa | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 1949-78-6 |
| PubChem | 65550 |
| ChEMBL | CHEMBL1159661 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C5H10O5 |
| Masa molecular | 150,13 g/mol |
| Densidade | 1,545 g cm-3 |
| Punto de fusión | 108 °C; 226 °F; 381 K |
| Solubilidade en auga | Soluble en auga |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
A lixosa (/liksósa/) é un monosacárido de cinco carbonos (pentosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que é unha aldopentosa.
É un azucre pouco común na natureza. A lixosa pode encontrarse formando parte dos glicolípidos das paredes celulares dalgunhas especies de bacterias,[1] . O derivado da lixosa D-lixitol atópase no músculo cardíaco formando parte da lixoflavina [2] (composto similar á riboflavina pero con D-lixitol en vez de D-ribitol[3]).
Existen os isómeros D e L da lixosa, pero a lixosa é a única aldopentosa na que o enantiómero L é máis abundante na natureza que o D. A D-lixosa é o epímero da D-xilosa e da D-arabinosa. A L-lixosa é epímera da D-ribosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kay-Hooi Khoo et al., Chemistry of the Lyxose-Containing Mycobacteriophage Receptors of Mycobacterium phlei/Mycobacterium smegmatis, Biochemistry, 35 (36), 11812-11819, 1996. Abstract
- ↑ Definición.
- ↑ "Lixoflavina". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2011.

