Saltar ao contido

Jackie Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jackie Brown
 Título
Jackie Brown Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
Rum Punch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Inspirado na obra de
Publicación
 Data de publicación
16 de abril de 1998 (Alemaña)
25 de decembro de 1997
8 de decembro de 1997 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
72.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
12.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
62/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
88% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
7.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (10 de febreiro de 1998) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
2 horas e 34 minutos Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Identificadores
ISAN0000-0001-0995-0000-E-0000-0000-W Editar o valor en Wikidata
VIAF196910383 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0119396 Filmaffinity: 895044 Allocine: 16876 Rottentomatoes: m/jackie_brown Mojo: jackiebrown Allmovie: v158843 TCM: 324224 Metacritic: movie/jackie-brown TV.com: movies/jackie-brown Netlix: 60010514 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Jackie Brown é un filme estadounidense de 1997, escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Pam Grier, Robert Forster, Robert De Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda, e Michael Keaton. Foi o terceiro filme de Tarantino despois do seu éxito con Reservoir Dogs (1992) e Pulp Fiction (1994).

Este filme está considerada como o filme de Blaxploitation de Tarantino, ao igual que Reservoir Dogs é o seu filme de atracos, Pulp Fiction a de cine negro, e Kill Bill a de artes marciais.

O filme foi moi criticada por algúns seguidores de Tarantino, xa que é un estilo moi diferente as súas dúas anteriores obras; esta conta unha historia non tan violenta, ten unha narración máis clásica e relaxada e o sangue non é tan abundante. Porén, foi ben recibida pola crítica especializada.

Está baseada na novela Rum Punch de Elmore Leonard. Tarantino extraeu os diálogos do libro case iguais (outra razón do desgusto dos seus fans: os diálogos teñen diferente estrutura).

Jackie Brown (Pam Grier) é unha azafata de voo que, necesitada de diñeiro, fai de correo para Ordell (Samuel L. Jackson), un traficante de armas buscado pola policía. Todo parece ir ben, ata que un día é sorprendida na aduana e acusada de tráfico de drogas e evasión. Para evitar ingresar en prisión, a policía só deixa a Jackie unha saída: axudalos a chegar ata Ordell.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

Conta con varios actores fetiches tarantinianos. Un deles é Samuel L. Jackson. O director rescata a Pam Grier e a Robert Forster, actores que alcanzaron a súa máxima gloria en filmes dos 70. En realidade, Pam Grier chegou a ser unha estrela dos filmes de serie B da Blaxploitation (100% protagonizados por xente negra), que tanto éxito tiveron na América dos anos 70 e 80, e que Tarantino homenaxea neste filme.

No resto dos papeis, están Robert De Niro como un ex-convicto moi esgotado e de moi poucas palabras; Bridget Fonda como unha das mozas de Ordell; e Michael Keaton como Ray Nicolette, o policía que vai tras de Ordell.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]