Robert De Niro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert De Niro
Robert De Niro TFF 2011 Shankbone.JPG
De Niro no 2011 na estrea de The Bang Bang Club
Nacemento 17 de agosto de 1943 (70 anos)
Nova York, Estado de Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, director e produtor
Cónxuxe(s) Diahnne Abbott (1976-1988)
Grace Hightower (1997-presente)
Fillo(s) 6 (incluíndo a Drena De Niro)
Ficha na IMDb

Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York) é un actor, director e produtor estadounidense. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Bang the Drum Slowly e Mean Streets, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en The Godfather Part II, un papel que lle valeu o Oscar ó mellor actor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado na Little Red School House, De Niro fixo o seu debut no cine na película francesa Three Rooms in Manhattan (1965) (como extra) e no 1968 en Greetings e Bloody Mama (dirixidas por Brian De Palma). Despois disto, fixo algúns papeis maiores e menores noutras películas con pouca repercusión, ata que gañou popularidade co seu papel en Bang the Drum Slowly (1973). Empezou a traballar con Martin Scorsese o mesmo ano con Malas Calles. Outras películas de Scorsese nas que participou De Niro son Taxi Driver (1976), New York, New York (1977), Raging Bull (1980), The King of Comedy (1983), Cape Fear (1991) e Casino (1995). Na maioría destes filme, De Niro interpretou personaxes emocionalmente inestables con tendencias sociopáticas. Mención aparte merece Taxi Driver, pois a súa actuación como Travis Bickle levouno a fama mundial e uniu para sempre o nome de De Niro co famoso monologo "Estas falándome a min?".

A mediados dos anos 80, De Niro empeza a facer papeis de comedia, e tivo moito éxito neste area con películas como Brazil (1985), Midnight Run (1988), Wag the Dog (1997), Analyze This (1999), Meet the Parents (2000) e Meet the Fockers (2004).

A finais dos 80 De Niro comeza a inverter na area de Tribeca en Nova York incluíndo un estudio de cine e un festival de cine. De Niro admitiu mas tarde que algúns dos seus malos papeis que tomou nos 90 foron soamente para apoiar esas obras de caridade.

Gañou dous Oscar da academia, como mellor actor por Raging Bull, e como Mellor Actor Secundario por The Godfather Part II.

Curiosamente De Niro e Marlon Brando son os únicos actores que gañaron o Oscar interpretando o mesmo personaxe, Brando gañou por interpretar o vello Vito Corleone en O padriño (aínda que rexeitou o premio), mentres De Niro gañou o premio por interpretar o novo Vito en The Godfather Part II. Brando e De Niro non traballaron xuntos ata The Score (2001).

De Niro e comparado acotío co actor Al Pacino co que traballou na película de Michael Mann Heat (1995). De Niro interpretaba unha versión mais nova do pai de Pacino en El Padrino 2.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

De Niro casou dúas veces. Ten unha filla chamada Dreena así coma un fillo chamado Raphael da súa primeira muller Dianne Abbott, e dous fillos, Julian Henry e Aaron Kendrick da súa relación coa antiga supermodelo Toukie Smith. Os nenos, que son xemelgos, foron concibidos con fecundación in-vitro. Raphael, anteriormente actor, dedicase agora o mercado inmobiliario en New York. A finais do 2004, De Niro casou outra vez coa súa segunda muller Grace Hightower, unha antiga azafata dez anos mais nova. Tiveron un fillo, Elliot, en 1998. A parella pediu o divorcio recentemente por diversas disputas.

De Niro ten súas principais residencias en Manhattan. De Niro apoia firmemente o Partido Demócrata, e prestou apoio explicitamente a Al Gore nas eleccións presidenciais do ano 2000, e a John Kerry nas do 2004. En 1998 pronunciouse en contra do impeachment o presidente Bill Clinton, como amigo persoal dos Clinton..

Posúe unha parte do restaurante Rubicon de San Francisco con Francis Ford Coppola e Robin Williams.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Actor ou director[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1965 Three Rooms in Manhattan Cliente do restaurante Sen creditar
1968 Greetings Jon Rubin
1969 Sam's Song Sam
The Wedding Party Cecil Rodada en 1963
1970 Bloody Mama Lloyd Barker
Hi, Mom! Jon Rubin
1971 Jennifer on My Mind Mardigian, condutor de taxi
Born to Win Oficial Danny
The Gang That Couldn't Shoot Straight Mario Trantino
1973 Bang the Drum Slowly Bruce Pearson
Mean Streets John 'Johnny Boy' Civello
1974 The Godfather Part II Vito Corleone
1976 Taxi Driver Travis Bickle
1900 Alfredo Berlinghieri
The Last Tycoon Monroe Stahr
1977 New York, New York Jimmy Doyle
1978 The Deer Hunter Michael Vronsky
1980 Raging Bull Jake LaMotta
1981 True Confessions Monsignor Desmond "Des" Spellacy
1983 The King of Comedy Rupert Pupkin
1984 Once Upon a Time in America David "Noodles" Aaronson
Falling in Love Frank Raftis
1985 Brazil Archibald 'Harry' Tuttle
1986 The Mission Rodrigo Mendoza
1987 Angel Heart Louis Cypher
The Untouchables Al Capone
1988 Midnight Run Jack Walsh
1989 Jacknife Joseph 'Jacknife' Megessey
We're No Angels Ned
1990 Stanley & Iris Stanley Everett Cox
Un dos nosos James "Jimmy" Conway
Awakenings Leonard Lowe
1991 Guilty by Suspicion David Merrill
Backdraft Donald 'Shadow' Rimgale
Cape Fear Maximilian "Max" Cady
1992 Night and the City Harry Fabian
Mistress Evan M. Wright
1993 A Bronx Tale Lorenzo Anello Tamén director
Mad Dog and Glory Wayne 'Mad Dog' Dobie
This Boy's Life Dwight Hansen
1994 Mary Shelley's Frankenstein A criatura
1995 A Hundred and One Nights Le mari de la star-fantasme en croisière
Casino Sam 'Ace' Rothstein
Heat Neil McCauley
1996 The Fan Gilbert "Gil" Renard
Sleepers Padre Bobby
Marvin's Room Dr. Wally
1997 Cop Land Tenente Moe Tilden
Jackie Brown Louis Gara
Wag the Dog Conrad Brean
1998 Great Expectations Arthur Lustig
Ronin Sam
1999 Analyze This Paul Vitti
Flawless Walter Koontz
2000 The Adventures of Rocky and Bullwinkle Fearless Leader
Men of Honor Xefe Leslie William 'Billy' Sunday
Meet the Parents Jack Tiberius Byrnes
2001 15 Minutes Det. Eddie Flemming
The Score Nick Wells
2002 Showtime Det. Mitch Preston
City by the Sea Vincent Anthony LaMarca
Analyze That Paul Vitti
2004 Godsend Dr. Richard Wells
Shark Tale Don Lino Voz
Meet the Fockers Jack Tiberius Byrnes
The Bridge of San Luis Rey Arcebispo de Lima
2005 Hide and Seek David Callaway / Charlie
2006 Arthur and the Minimoys O rei Voz
The Good Shepherd Xeneral Bill Sullivan Tamén director
2007 Stardust Capitán Shakespeare
2008 Righteous Kill Det. Thomas "Turk" Cowan
What Just Happened Ben
2009 Everybody's Fine Frank
2010 Machete Senador McLaughlin
Stone Jack Mabry
Little Fockers Jack Tiberius Byrnes
2011 Manuale d'amore 3 Adrian
Killer Elite Hunter
Limitless Carl Van Loon
New Year's Eve Stan Harris
2012 Being Flynn Jonathan Flynn
Red Lights Simon Silver
Freelancers Sarcone
The Big Wedding Don Griffin
The Silver Linings Playbook Patrick Peoples
2013 The Comedian Jackie Burke
Killing Season Benjamin Ford
Hands of Stone Ray Arcel

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]