Saltar ao contido

Grindhouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grindhouse
Imaxe
 Instancia de
 Título
Grindhouse (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Lingua orixinal
Características
 Cor
Obra
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a executivo
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía
Custo67000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación25400000 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
3 de xullo de 2008 (Alemaña)
2007 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración191 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
77/100 Metacritic (6 de decembro de 2024)
7.4/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021)
84% Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF175562335 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0002-9657-0000-E-0000-0000-W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/084qpk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0462322 sen valor Allocine: 126531 Rottentomatoes: m/grindhouse Mojo: grindhouse Allmovie: v327656 TCM: 636625 Metacritic: movie/grindhouse Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Grindhouse é un filme de acción e terror que se estreou en dúas partes no 2007. Foi coescrito, producido e dirixido por Robert Rodriguez e Quentin Tarantino. A dobre estrea débese ós dous segmentos nos que se compón, o Planet Terror de Rodriguez e o Death Proof de Tarantino. Os segmentos están divididos por trailers ficticios de atraccións e por anuncios. O elenco conxunto do filme inclúe a Rose McGowan, Freddy Rodriguez, Michael Biehn, Jeff Fahey, Josh Brolin, Marley Shelton, Naveen Andrews, Fergie, Bruce Willis, Kurt Russell, Rosario Dawson, Tracie Thoms, Mary Elizabeth Winstead e Zoë Bell.

Planet Terror

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Planet Terror.

Nun pobo rural de Texas, a bailarina de striptease Cherry Darling decide abandonar o seu traballo e atopar outro no que poida usar os seus numerosos "talentos inútiles". Encóntrase co seu misterioso ex-mozo El Wray no Bone Shack, o restaurante propiedade de J.T. Hague. Mentres tanto, un grupo de militares, liderados polo demente Tenente Muldoon, fan negocios cun científico chamado Abby para adquirir cantidades industriais do axente bioquímico mortal coñecido como DC2. Muldoon descobre que Abby tiña máis DC2 do que dicía e ameázao con quitarllo. Abby libera intencionalmente o gas polo aire. O gas chega ó pobo e volve ós habitantes en criaturas grotescas e devoradores de homes, chamadas "sickos" polos humanos superviventes. Os veciños afectados son tratados polo sinistro Doutor William Block e a súa maltratada muller e anestesista Dakota. Como os pacientes se volven axiña violentos, Cherry e El Wray lideran un equipo de guerreiros improvisados para atopar un lugar seguro.

Elenco

Death Proof

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Death Proof.

Tres amigas – Arlene, Shanna e a disc jockey da radio "Jungle" Julia Lucai pasan a noite en Austin, Texas celebrando o aniversario de Julia, sen saber que son seguidas por un home misterioso nun Chevy Nova do 71. O home, Stuntman Mike, persegue as tres mozas co seu "death proof car" e acaba por matalas. Catorce meses despois, Stuntman Mike, agora en Tennessee e conducindo un Dodge Charger do 69, segue a outro grupo de mulleres – Lee, Abernathy, Kim e a stuntwoman Zoë cuxo Dodge Challenger do 70 proba ser un adversario digno

Personaxes

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]