Saltar ao contido

Django Unchained

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Django Unchained

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoblaxploitation (pt) Traducir, Western e cinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porEnnio Morricone Editar o valor en Wikidata
Director/aQuentin Tarantino Editar o valor en Wikidata
Compositor/aEnnio Morricone Editar o valor en Wikidata
GuionistaQuentin Tarantino Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaRobert Richardson Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineFred Raskin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalVinganza e Historia da escravitude Editar o valor en Wikidata
Ambientado enTexas e Tennessee Editar o valor en Wikidata
Época ambientación1858 Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aStacey Sher, Reginald Hudlin (pt) Traducir e Pilar Savone (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoBob Weinstein, Michael Shamberg (en) Traducir, James W. Skotchdopole e Harvey Weinstein Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraColumbia Pictures, The Weinstein Company e A Band Apart (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aThe Weinstein Company, InterCom e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación426.074.373 $ e 162.805.434 $ Editar o valor en Wikidata
Custo100.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 45 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeCalifornia Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Ligazóns
Páxina WEBunchainedmovie.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt1853728 Filmaffinity: 929558 Allocine: 190918 Rottentomatoes: m/django_unchained_2012 Mojo: djangounchained Allmovie: v538627 TCM: 2014169 Metacritic: movie/django-unchained TV.com: movies/django-unchained Netlix: 70230640 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Django Unchained é un filme de xénero western épico estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. O filme estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2012. A historia transcorre na era previa á Guerra de Secesión no sur do país, no xa vello Oeste. Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de Texas polos irmáns Speck (James Remar e James Russo). No seu grupo está Django (Jamie Foxx), quen foi separado da súa esposa Broomhilda (Kerry Washington). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz (Christoph Waltz), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar os irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.

Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie (Leonardo DiCaprio), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna. O interese de Schultz e Django en Broomhilda levanta as sospeitas do leal escravo de Candie, Stephen (Samuel L. Jackson), que deduce correctamente que Django e Broomhilda se coñecen entre si, e que a venda do Mandingo é unha artimaña. Candie, que é informado, armado con esta nova información demanda os $ 12.000 para Broomhilda, ou el mataraa. Schultz comprométese a compralo a este prezo co fin de salvar a súa vida, aínda que máis tarde, enfurecido polo comportamento humillante recibido por Candie, mátao, despois de finalizar os trámites da venda e liberdade. Schultz é asasinado á súa vez polos homes de Candie, os cales logo tratan de matar a Django. Django dispara a moitos dos homes de Candie, pero réndese cando Stephen ameaza con matar a Broomhilda. Como castigo, Stephen suxire que Django sexa enviado a unha mina de carbón e traballe alí ata a morte, estando de acordo a irmá de Candie, Lara (Laura Cayouette). No camiño á mina, Django persuade os negreiros de que el é un cazador de recompensas, mostrándolles o volante do seu primeiro asasinato como proba. Unha vez que consegue liberarse, mata aos negreiros, toma a súa dinamita, e monta de novo cara a Candyland.

Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Jamie Foxx, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson na estrea francesa do filme, París en xaneiro de 2013.

Outros papeis inclúen a James Russo como Dicky Speck, Tom Wopat como o Marshall Gill Tatum,[10] Don Stroud como Sheriff Bill Sharp, Russ Tamblyn como o fillo dun bandoleiro, Amber Tamblyn como neta do bandoleiro, Bruce Dern como home vello Carrucan, M. C. Gainey as Big John Brittle, Cooper Huckabee como Lil Raj Brittle, Doc Duhame como Ellis Brittle, Jonah Hill como Bag Head #2,[12] e Lee Horsley como o Sheriff Gus (Snowy Snow). Zoë Bell, Michael Bowen, Robert Carradine, Jake Garber, Ted Neeley, James Parks e Tom Savini fan de sicarios de Candyland,[13] mentres Michael Parks, John Jarratt e Quentin Tarantino interpretan os empregados da LeQuint Dickey Mining Co. Tarantino fai tamén un cameo como Robert, un dos membros do grupo semellante ao Ku Klux Klan.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Premio Categoría Candidatos Resultado
Premios Óscar Mellor filme Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada
Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador
Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor fotografía Robert Richardson Nomeado
Mellor edición de son Wylie Stateman Nomeado
Premios Globos de Ouro
Mellor Película - Drama Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada
Mellor director Quentin Tarantino Nomeado
Mellor actor secundario Leonardo DiCaprio Nomeado
Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador
Mellor Guión Quentin Tarantino Gañador
Premios BAFTA
Mellor director Quentin Tarantino Nomeado
Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador
Mellor montaxe Fred Raskin Nomeado
Mellor son Mark Ulano, Michael Minkler, Tony Lamberti, Wylie Stateman Nomeados
  1. Dimako, Peter (June 22, 2011). "Jamie Foxx joins DJANGO UNCHAINED as lead for Quentin Tarantino". Upcoming-Movies.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o February 2, 2012. 
  2. 2,0 2,1 Weinstein, Joshua L. (June 22, 2011). "Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio to Star in 'Django Unchained'". TheWrap.com. The Wrap News Inc. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2012. Consultado o February 2, 2012. 
  3. "Cast & Crew". djangounchained-movie.net/. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o January 7, 2012. 
  4. Cieply, Michael (July 15, 2012). "Spaghetti Surrealism Makes a Comic-Con Appearance". artsbeat.blogs.nytimes.com. Consultado o January 7, 2012. 
  5. Courtney O. (September 14, 2011). "Django Unchained Gets Samuel L. Jackson". MovieWeb.com. MovieWeb, Inc. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2011. Consultado o February 2, 2012. 
  6. Jagernauth, Kevin (October 11, 2011). "Don Johnson Joins Quentin Tarantino's 'Django Unchained'". The Playlist. indieWIRE. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o February 2, 2012. 
  7. Dimako, Peter (September 28, 2011). "Dennis Christopher joins DJANGO UNCHAINED". Upcoming-Movies.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o February 2, 2012. 
  8. "Saturn Awards: James Remar says there’s a 'message' in 'Django Unchained' – IFC". Ifc.com. July 27, 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o December 28, 2012. 
  9. White, James (November 10, 2011). "James Remar Joins Django Unchained". EmpireOnline.com. Bauer Consumer Media. Consultado o February 2, 2012. [Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 Gallagher, Brian (November 10, 2011). "Django Unchained Gets James Remar and Tom Wopat". MovieWeb.com. MovieWeb, Inc. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2012. Consultado o February 2, 2012. 
  11. Django Unchained Arquivado 24 de novembro de 2013 en Wayback Machine. radiotimes.com
  12. Goldberg, Matt (June 15, 2012). "Jonah Hill Joins Django Unchained". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o June 17, 2012. 
  13. Barry, Vic (October 17, 2011). "TOM SAVINI FOR DJANGO UNCHAINED". TheMovieBit.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o February 2, 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]