Mira Sorvino
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Mira Katherine Sorvino 28 de setembro de 1967 Nova York |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Relixión | Cristianismo |
| Educación | Universidade Harvard Dwight-Englewood School (en) Elisabeth Morrow School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de cinema, actriz, cantante, actriz de televisión, música |
| Período de actividade | 1985 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Christopher Backus (2004–) |
| Parella | Quentin Tarantino (1995–1998) |
| Fillos | Mattea Backus ( Johnny Backus ( Holden Backus ( Lucia Backus |
| Pais | Paul Sorvino |
| Irmáns | Michael Sorvino |
| Parentes | Bill Sorvino, curmán |
| Premios | |
| |
Mira Katherine Sorvino, nada en Nova York o 28 de setembro de 1967 é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mira Sorvino é filla de Lorraine Ruth Davis, terapeuta do alzhéimer e antiga actriz, e do actor e director Paul Sorvino[1] e criouse en Tenafly, New Jersey, onde xogaba a escribir e actuar en obras teatrais coa súa amiga Hope Davis e logo en producións escolares. Sorvino foi aceptada na Universidade Harvard e estudou un ano en Pequín, onde aprendeu mandarín.[2] Graduouse magna cum laude en 1989 cun grao en Estudos da Asia Oriental.[3]
En 1993 foi contratada como terceira axudante de director no filme Amongst Friends, pero logo pasou a ser a directora de casting, axudante de produción e finalmente a actriz protagonista. Tras outros pequenos papeis, en 1995 interpretou unha inxenua protagonista en Poderosa Afrodita, de Woody Allen, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria.
Traballou tamén na televisión, como na miniserie Human Trafficking.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1993 | Amongst Friends |
| 1993 | Nyû Yôku no koppu |
| 1994 | Quiz Show |
| 1994 | Barcelona |
| 1995 | Sweet Nothing |
| 1995 | Poderosa Afrodita |
| 1995 | Blue in the Face |
| 1996 | Beautiful Girls |
| 1996 | Tales of Erotica |
| 1996 | Tarantella |
| 1997 | Romy and Michele's High School Reunion |
| 1997 | Mimic |
| 1998 | The Replacement Killers |
| 1998 | Lulu on the Bridge |
| 1998 | Too Tired to Die |
| 1998 | Free Money |
| 1999 | At First Sight |
| 1999 | Summer of Sam |
| 2001 | The Grey Zone |
| 2001 | The Triumph of Love |
| 2002 | WiseGirls |
| 2002 | Semana santa |
| 2002 | Between Strangers |
| 2003 | Gods and Generals |
| 2004 | The Final Cut |
| 2006 | Covert One: The Hades Factor |
| 2007 | Reservation Road |
| 2009 | Multiple Sarcasms |
| 2009 | Like Dandelion Dust |
| 2009 | The Trouble with Cali |
| 2009 | Sweet Flame |
| 2009 | Attack on Leningrad |
| 2010 | The Presence |
| 2011 | Angels Crest |
| 2012 | Union Square |
| 2012 | Perfect Sisters |
| 2012 | Smitty |
| 2012 | Trade of Innocents |
| 2013 | Space Warriors |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mira Sorvino". Film Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ Brennan, Sandra. "Mira Sorvino". Allmovie. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ Harvard University (ed.). "Notable Graduates". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 7 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mira Sorvino |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mira Sorvino na IMDb (en inglés).
- Entrevista en 2005