Idris Elba
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Idrissa Akuna Elba 6 de setembro de 1972 Hackney |
| Residencia | Londres |
| Educación | National Youth Music Theatre Barking and Dagenham College (en) |
| Altura | 1,89 m |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Nova York |
| Ocupación | actor, director de cinema, produtor de televisión, cantante, cantautor, rapeiro, actor de dobraxe, actor de televisión, compositor, produtor de cinema, actor de teatro, disc-jóckey, produtor musical, actor de cinema, músico |
| Período de actividade | 1994 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sabrina Dhowre |
| Premios | |
| |
Idrissa Akuna "Idris" Elba nado en Hackney (Londres) o 6 de setembro de 1972, é un actor inglés de televisión, teatro e cinema. Comezou a súa traxectoria en Estados Unidos. O seu papel máis coñecido é o de Russell "Stringer" Bell, un traficante de drogas que aspira a se converter nun home de negocios na serie The Wire.
Elba é tamén un DJ que traballa baixo o alcume de DJ Big Driis ou Big Driis the Londoner. Asemade, é cantante de hip hop e soul.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun serraleonés e unha ghanesa, Idris medrou en Hackney, ó leste de Londres. Dende moi novo comezou a facer os seus primeiros traballos como DJ formando varios grupos con algúns amigos.
Ós dezaseis anos deixou a escola e entrou na National Youth Music Theatre. Simultaneamente, e para pagar a matrícula, traballou de DJ en varios clubs nocturnos e audicionou para pequenos papeis na televisión.
En 1992 comezou a facer papeis fugaces en dramas británicos ata que decidiu mudarse a Nova York. Xa nos Estados Unidos, actuou en pequenos papeis de cinema, entre eles Buffalo Soldiers (2001) con Joaquín Phoenix e Ed Harris. Tamén participou en videoclips de Fat Joe e Angie Stone.
Despois da súa aparición en Law & Order, formou parte do elenco da serie policial The Wire que deu un pulo importante á súa carreira. Despois, conseguiu papeis secundarios en filme como 28 Weeks Later, American Gangster e RocknRolla. Tamén participou en varios episodios da serie de Steve Carrel The Office no 2009.
No 2010 participou nos filmes The Losers e Takers ademais de protagonizar a serie Luther.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1999 | Belle maman | Grégoire | Voz orixinal en francés |
| 2000 | Sorted | Jam | |
| 2001 | Buffalo Soldiers | Kimborough | |
| 2003 | One Love | Aaron | |
| 2005 | The Gospel | Charles Frank | |
| 2005 | Sometimes in April | Augustin | |
| 2007 | Daddy's Little Girls | Monty James | |
| The Reaping | Ben | ||
| 28 Weeks Later | Xeneral Stone | ||
| American Gangster | Tango | ||
| This Christmas | Quentin Whitfield | ||
| 2008 | Prom Night | Detective Winn | |
| RocknRolla | Mumbles | ||
| The Human Contract | Larry | ||
| 2009 | The Unborn | Arthur Wyndham | |
| Obsessed | Derek Charles | ||
| 2010 | Takers | Gordon Cozier | |
| Legacy | Malcolm Gray | Produtor executivo | |
| The Losers | Roque | ||
| 2011 | Thor | Heimdall | |
| 2012 | Ghost Rider: Spirit of Vengeance | Moreau | |
| Prometheus | Capitán Janek | ||
| 2013 | Pacific Rim | Stacker Pentecost | |
| Thor: The Dark World | Heimdall | ||
| Mandela: longo camiño cara á liberdade | Nelson Mandela | ||
| 2014 | No Good Deed | Colin Evans | Produtor executivo |
| 2015 | The Gunman | DuPont | |
| Second Coming | Mark | ||
| Avengers: Age of Ultron | Heimdall | ||
| Beasts of No Nation | Commandant | ||
| 2016 | The Jungle Book | Shere Khan (voz) | |
| Bastille Day | Sean Briar | ||
| Finding Dory | TBA (voz) | ||
| Star Trek Beyond | Krall | ||
| Zootopia | Chief Bogo (voz) | ||
| 2017 | The Dark Tower | Roland Deschain |
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1994 | 2point4 Children | Instrutor de paracaidismo | Episodio: "Fortuosity" |
| Space Precinct | Repartidor de pizza | Episodio: "Double Duty" | |
| 1995 | Absolutely Fabulous | Hilton | Episodio: "Sex" |
| 1996 | Crocodile Shoes II | Jo-Jo | Episodio: "Troubled Man" |
| 1997 | Family Affairs | Tim Webster | |
| Silent Witness | Charlie | Episodio: "Blood, Sweat & Tears" | |
| 1998 | Ultraviolet | Vaughan Rice | 6 episodios |
| 1999 | Dangerfield | Matt Gregory | 12 episodios |
| 2000 | In Defence | PC Paul Fraser | 1 episodio |
| 2001 | Law & Order | Lonnie Liston | Episodio: "3 Dawg Night" |
| 2002 | The Inspector Lynley Mysteries | Robert Gabriel | Episodio: "Payment in Blood" |
| 2003 | CSI: Miami | Angelo Sedaris | Episode: "The Best Defense" |
| 2002–2004 | The Wire | Russell "Stringer" Bell | 37 episodios |
| 2005 | Girlfriends | Paul | Episodio: "All in a Panic" |
| 2005 | Sometimes in April | Augustin Muganza | |
| 2008 | The No. 1 Ladies' Detective Agency | Charles Gotso | Episodio: "The No. 1 Ladies' Detective Agency" |
| 2009 | The Office | Charles Miner | 7 episodios |
| 2010 | The Big C | Lenny | 4 episodios |
| Walk Like a Panther | Produtor executivo | ||
| 2011 | Aqua Teen Hunger Force | Oficial de policía | Voz Episodio: "Intervention" |
| 2010–2015 | Luther | DCI John Luther | Produtor 16 episodios |
| 2011 | How Hip Hop Changed the World | Produtor executivo | |
| Demons Never Die | Produtor executivo | ||
| 2012 | Idris Elba's How Clubbing Changed the World | El mesmo | Convidado |
| 2013 | Idris Elba: King of Speed | El mesmo | Convidado |
| 2015 | Idris Elba: No Limits | El mesmo | Convidado |
Videoxogos
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2011 | Call of Duty: Modern Warfare 3 | SFC "Truck" | |
| 2014 | FIFA 15 | Voz en E3 Trailer | |
| Call of Duty: Advance Warfare | SFC "Cormack" |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]| Ano | Artista | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 2012 | Mumford and Sons | "Lover of the Light" | Home cego | Director e produtor |
| Giggs | Hustle On | Condutor | Produtor |
Discografía
[editar | editar a fonte]- Álbums
- 2015: Murdah Loves John (The John Luther Character Album)
- EPs
- 2006: Big Man
- 2009: Kings Among Kings
- 2010: High Class Problems Vol. 1
- 2014: Idris Elba Presents Mi Mandela
- Mixtapes
- 2011: Merry DriisMas Holiday Mixtape
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Idris Elba |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Entrevista (en inglés)