Saltar ao contido

Pam Grier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPam Grier

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Pamela Suzette Grier Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Winston-Salem Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPam Grier Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónEast High School (en) Traducir
Metropolitan State University of Denver (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, Aikidoka, karateka, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Patrimonio estimado10.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteKarate Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaKareem Abdul-Jabbar
Richard Pryor
Freddie Prinze
Kevin L. Evans Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNotable Black American Women Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000427 Allocine: 20218 Rottentomatoes: celebrity/pamela_grier Allmovie: p28768 TCM: 76697 TV.com: people/pam-grier
Twitter: PamGrier BNE: XX1302588 Musicbrainz: c878651c-9755-4f14-bf30-769a7d8662fb Discogs: 135948 WikiTree: Grier-179 Editar o valor en Wikidata

Pamela Suzette Grier, nada en Winston-Salem (Carolina do Norte) o 26 de maio de 1949 é unha actriz estadounidense. Acadou sona por protagonizar na década de 1970 filmes sobre mulleres no cárcere e de blaxploitation para American International Pictures e New World Pictures, especialmente Coffy (1973) e Foxy Brown (1974). Descrita por Quentin Tarantino como a primeira estrela de acción feminina do cinema,[1] protagonizou para o director o filme Jackie Brown como a personaxe homónima, polo que recibiu un Satellite Award e candidaturas ao Globo de Ouro á mellor actriz e ao premio do sindicato de actores.

Durante seis temporadas, Grier interpretou a Kate "Kit" Porter na serie de Showtime The L Word, que se emitiu entre 2004 e 2009. Recibiu unha candidatura ao Emmy polo seu traballo no programa de animación Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Para cumprir os seus desexos de ser actriz, aos 18 anos marchou aos Ánxeles a procurar traballo e conseguiu que a contratasen na AIP (American International Pictures), produtora de filmes de baixo orzamento.

Debutou no cinema cun pequeno papel en Beyond the Valley of the Dolls (1970), dirixido por Russ Meyer. Como este filme tivo éxito, contratárona para The Big Doll House (1971), sobre un cárcere de mulleres. Os chamados filmes WIP (Women in Prison) eran moi populares nesa época, e por iso Grier fixo máis do subxénero, como Women in Cages (1972) e Big Bird Cage (1972).

Popularidade

[editar | editar a fonte]

Pouco a pouco, Grier fíxose popular protagonizando filmes de blaxploitation, é dicir, filmes baratos destinados principalmente ao público afroamericano, onde os protagonistas eran negros e había grandes doses de violencia. Pam Grier protagonizou filmes como Coffy (1973), Foxy Brown (1974) e Sheba Baby (1975), en que interpretaba mulleres fortes e independentes que tomaban a xustiza pola man para afrontar malvados sen escrúpulos, ante a pasividade e a corrupción das autoridades. Isto fíxoa moi popular, e Grier converteuse nunha icona para a comunidade negra, xunto con outros intérpretes como Tamara Dobson e Richard Roundtree.

A finais da década de 1970, a súa popularidade decaeu e paso a interpretar papeis secundarios en filmes de distinta calidade. Tamén fixo pequenos papeis en series de televisión como Miami Vice o The Fresh Prince of Bel-Air.

Renacemento

[editar | editar a fonte]

A súa sorte cambio en 1997 grazas ao director Quentin Tarantino, grande afeccionado aos filmes de blaxploitation, que a converteu na protagonista de Jackie Brown, filme que adaptaba unha novela de Elmore Leonard e que reivindicaba a blaxploitation. O filme tivo un grande éxito e converteuna de novo nunha actriz popular.

Despois de Jackie Brown continuou a traballar asiduamente en filmes de todo tipo, como Holy Smoke (1999) ou Ghosts of Mars (2001), ademais de ser unha das protagonistas da serie de televisión The L Word.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1970Beyond the Valley of the DollsPartygoer
1971The Big Doll HouseGrear
Women in CagesAlabama
1972The Twilight PeopleAyesa
Cool BreezeMona
The Big Bird CageBlossom
Hit ManGozelda
1973Black Mama White MamaLee Daniels
CoffyCoffy
Scream Blacula ScreamLisa Fortier
1974The ArenaMamawi
Foxy BrownFoxy Brown
1975Sheba, BabySheba Shayne
BucktownAretha
Friday FosterFriday Foster
1976DrumRegine
1977Greased LightningMary Jones
Twilight of LoveSandra
1981Fort Apache, The BronxCharlotte
1983Something Wicked This Way ComesDust Witch
Tough EnoughMyra
1985Stand AloneCathryn Bolan
1986The VindicatorHunter
On the EdgeCora
1987The AllnighterSgt. McLeesh
1988Above the LawDelores 'Jacks' Jackson
1989The PackageRuth Butler
1990Class of 1999Ms. Connors
1991Bill & Ted's Bogus JourneyMs. Wardroe
1993PossePhoebe
1996Original GangstasLaurie Thompson
2013: Rescate en L.A.Hershe Las Palmas
Mars Attacks!Louise Williams
1997Fakin' da FunkAnnabelle Lee
Jackie BrownJackie BrownSan Diego Film Critics Society Award á mellor actriz
Candidata—Empire Award á mellor actriz
Candidata—Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical
Candidata— NAACP Image Award á mellor actriz cinematográfica
Candidata—Satellite Award á mellor actriz de comedia o musical
Candidata—Saturn Award á mellor actriz
Candidata—Screen Actors Guild Award á mellor actriz protagonista
1999JawbreakerDetective Vera Cruz
In Too DeepDet. Angela Wilson
Holy Smoke!Carol
2000Snow DayTina
Fortress 2: Re-EntrySusan Mendenhall
WilderDetective Della Wilder
2001Ghosts of MarsCommander Helena Braddock
BonesPearlCandidata—Black Reel Award á mellor actriz cinematográfica
2002The Adventures of Pluto NashFlura Nash
2005Back in the DayMrs. Cooper
2010The InvitedZelda
Just WrightJanice Wright
Machete Maidens Unleashed!Ela mesma
2011Larry CrowneFrances
Corman's World: Exploits of a Hollywood RebelEla mesma
2012Woman Thou Art Loosed: On the 7th DayDetective Barrick
MafiaJames Womack
The Man with the Iron FistsJane
2017Bad GrandmasCoralee
Being RoseLily
2019PomsOlive
  1. "Pam Grier". Wizard World. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sims, Yvonne D. (2006). "Here comes the queen". En Sims, Yvonne D. Women of blaxploitation: how the black action film heroine changed American popular culture. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc. Publishers. pp. 71–92. ISBN 978-0-7864-2744-4. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]