Premio Nacional de Narrativa de España
Premio Nacional de Narrativa de España | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1977 |
País | España |
Na rede | |
http://www.culturaydeporte.gob.es/actualidad/2020/10/201029-pnnarrativa.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España.[1] Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 30.000 euros.
Historia
[editar | editar a fonte]O antecendente a este premio pode estar no Concurso Nacional de Literatura que se outorgou entre 1923 e 1977 e que ía variando de xéneros; premiábanse novelas, mais tamén ensaios, poesía ou crítica.[2]
O premio pasou por dúas etapas:
- De 1949 a 1976: en que se chamou Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela. Foi convocado a partir dunha Orde do 25 de xaneiro de 1949.[3] Daquela a contía do premio era de 25 000 pesetas[4] e, en 1963 pasa a ser de 50 000 pesetas e, en 1971, 100 000 e, no 1976, 200 000. [4]Dende 1966, tamén se aceptan “libro de contos ou narracións para lectores adultos”.[4]
- E a terceira, e actual, a partir de 1977, coa denominación de Premio Nacional de Narrativa.
Os seus anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.
Só un autor conseguiu senllos premios na 1ª e 2ª etapa, Miguel Delibes en 1955 (Diario de un cazador) e 1999 (El hereje). E na segunda etapa, só hai un autor que o gañase en dúas ocasións: Antonio Muñoz Molina en 1988 e 1992. Nesta mesma terceira etapa, o escritor Javier Marías, en 2012, rexeitouno por non aceptar galardóns de carácter oficial ou institucional outorgados polo estado español.[5][6]
Linguas non castelás
[editar | editar a fonte]O premio tense outorgado en 5 ocasións a obras escritas en lingua galega: Xa vai o griffón no vento, de Alfredo Conde en 1986; Que me queres, amor?, de Manuel Rivas en 1996; Trece badaladas, de Suso de Toro en 2003; Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga en 2021 e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre en 2022.
Tamén se ten premiado en 3 ocasións a obras en éuscaro: en 1989 a Bernardo Atxaga por Obabakoak, en 2002 a Unai Elorriaga por Un tranvía cara a SP e en 2009 a Kirmen Uribe por Bilbao-New York-Bilbao. Só se ten premiado nunha soa ocasión a obras en catalán: en 1995, Carme Riera por Dins el darrer blau.
Galardoados
[editar | editar a fonte]2.ª época do galardón: Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela
[editar | editar a fonte]3.ª época do galardón: Premio Nacional de Narrativa
[editar | editar a fonte]otas
[editar | editar a fonte]- ↑ Modificación da Orde de 22 de xuño de 1995 pola que se regulan os Premios Nacionais do Ministerio de Cultura de 27 de marzo de 2007
- ↑ "CONCURSO NACIONAL DE LITERATURA (1923-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ Ibáñez Martín (Subsecretario de Educación Popular) (6 de febreiro de 1949). "ORDEN de 25 de enero de 1949 por la que se instituye el Premio Nacional de Literatura « Miguel de Cervantes»" (PDF). boe.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "PREMIO NACIONAL DE LITERATURA “MIGUEL DE CERVANTES” PARA NOVELA (1949-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ Kochw, T.; Sabogal, Manrique (25 de outubro de 2012). "Marías: “Si hubiera estado el PSOE en el poder habría hecho lo mismo”". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ W.M.S. (29 de outubro de 2012). "Javier Marías rechaza el Nacional de Narrativa por ‘Los enamoramientos’". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Larreta renunciou ao premio económico e a contía destinou en 1950, a un premio extraordinario co seu nome.
- ↑ "Luis de Castresana". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Redacción (23 de outubro de 2023). "Pilar Adón, galardonada con el Premio Nacional de Narrativa 2023". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Barranco, Justo (23 de outubro de 2023). "La fuerza del lenguaje de Pilar Adón gana el Nacional de Narrativa". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022
- ↑ "A académica Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa coa novela 'As malas mulleres'". academia.gal. 25 de outubro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022.
- ↑ País, El (2021-10-14). "Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-14.
- ↑ 14,0 14,1 Redacción (14 de outubro de 2021). "Xesús Fraga, galardonado con el Premio Nacional de Narrativa 2021". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ "Juan Bonilla, Premio Nacional de Narrativa 2020". Ministerio de Cultura e Deporte.
- ↑ Redacción / EFE (23 de outubro de 2018). "Almudena Grandes gana el Premio Nacional de Narrativa". publico.es (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021.
- ↑ «'Patria' de Aramburu, Premio Nacional de Narrativa», El Mundo, 17 de ocrubre de 2017.
- ↑ «Martínez de Pisón, la familia siempre cuenta», El País, 25 de noviembre de 2013.
- ↑ Mora, Miguel (4 de outubro de 2000). "Luis Mateo Díez obtiene el Nacional de Narrativa por su fábula 'La ruina del cielo". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]