Juan José Millás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Millás
Nacemento31 de xaneiro de 1946
Lugar de nacementoValência e Valencia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e escritor
Coñecido porCarta straccia, La mujer loca e Los objetos nos llaman
Premiospremio Mariano de Cavia, Premio Francisco Cerecedo, Manuel Vázquez Montalbán International Journalism Award, Premio Nadal, Premio Planeta, Premio Nacional de Narrativa, Miguel Delibes Journalism Prize, Don Quijote Journalism Prize e honorary doctor of the University of Turin
Na rede
IMDB: nm1014196 Dialnet: 264557 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan José Millás, nado en Valencia o 31 de xaneiro de 1946, é un escritor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Madrid a maior parte da súa vida. Na súa numerosa obra, de introspección psicolóxica, calquera feito cotián pódese converter nun suceso fantástico. Na actualidade colabora en prensa e radio; as súas columnas dos venres en El País teñen un gran número de seguidores, pola sutileza e orixinalidade do seu punto de vista para tratar os temas da actualidade, así como polo seu gran compromiso social. gañou varios premios de xornalismo moi prestixiosos, como o Francisco Cerecedo 2005. No programa La ventana da Cadena SER dispón dun espazo (Venres 16:00 h) no cal anima aos oíntes a enviar pequenos relatos sobre palabras do alfabeto. Na actualidade, está construíndo un dicionario con estes relatos logrando unha numerosa participación.

En 2007, gañou o Premio Planeta con El mundo.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cerbero son las sombras (1975). Premio Sésamo
  • Visión del ahogado (1977)
  • El jardín vacío (1981)
  • Papel mojado (1983)
  • Letra muerta (1983)
  • El desorden de tu nombre (1986)
  • Primavera de luto (1989)
  • La soledad era esto (1990). Premio Nadal
  • Volver a casa (1990)
  • Ella imagina (1994)
  • Tonto, muerto, bastardo e invisible (1995)
  • Algo que te concierne (1995)
  • Trilogía de la soledad (1996)
  • El orden alfabético (1998)
  • No mires debajo de la cama (1999)
  • Dos mujeres en Praga (2002)
  • Cuentos de adúlteros desorientados (2003)
  • Hay algo que no es como me dicen: El caso de Nevenka Fernández contra la realidad (2003)
  • Todo son preguntas (2005)
  • El mundo (2007)
  • Lo que sé de los hombrecillos (2010).
  • Vidas al límite (2012)
  • La Mujer Loca (2014)

Notas

  1. Redacción/Axencias (15 de outubro de 2007). "Juan José Millás gana el Planeta con sus memorias de infancia". publico.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]