Premios Nacionais de Cultura de España
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Os Premios Nacionais de Cultura de España son unha serie de galardóns a actividades e persoeiros da cultura española, que concede o Ministerio de Cultura de España.
Os premios son moi diversos entre si: algúns son moi antigos, remontando a súa orixe ás primeiras décadas do século XX, e outros son moi recentes, creados no século XXI; uns concédense a unha obra singular e outros a toda unha carreira; uns son regulares no tempo, e outros descontinuos; tamén as contías económicas varían entre todos eles.
Os premios son:
- Premio Nacional de Artes Plásticas de España
- Premio Nacional de Fotografía de España
- Premio Nacional de Deseño de Moda de España
- Premio Nacional de Cinematografía de España
- Premio Nacional das Letras Españolas de España
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Ensaio
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura dramática
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura infantil e xuvenil
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Narrativa
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Poesía
- Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández
- Premio Nacional de Historia de España
- Premio Nacional de Tradución de España
- Premio Nacional á obra dun Tradutor de España
- Premio Nacional de Literatura Infantil ao Mellor Labor de Tradución de Libros Infantís (extinto)
- Premio Nacional de Banda deseñada de España
- Premio Nacional de Ilustración de España
- Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España
- Premio Nacional de Fomento da Lectura de España
- Premio Nacional ao mellor Labor Editorial Cultural de España
- Premio Nacional de Circo de España
- Premio Nacional de Danza de España
- Premio Nacional de Música de España
- Premio Nacional das Músicas Actuais de España
- Premio Nacional de Teatro de España
- Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade de España
- Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais de España
- Premio Nacional de Fomento da Creatividade no Xoguete de España
- Premio Nacional de Televisión de España
- Premio Nacional de Tauromaquia de España
A estes habería que sumarlle, concedido polo Ministerio de Fomento de España:
Galegos que recibiron estes premios[editar | editar a fonte]
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2020) |
Ao longo de case un século de premios, houbo 28 galegos, e mais unha empresa galega, que recibiron estes galardóns. Ata 2013, só o recibira unha muller galega.
- Xosé Filgueira Valverde (Historia).[1]
- Manuel Álvarez Torneiro (Poesía)
- Xusto Beramendi (Ensaio)
- Fina Casalderrey (Literatura infantoxuvenil)
- Antón Castro (Xornalismo cultural)
- Alfredo Conde (Narrativa)
- Camilo José Cela (Narrativa)
- Juan Farias (Literatura infantoxuvenil)
- Wenceslao Fernández Flórez (Narrativa)
- José Fernández Lago (Tradución)
- Agustín Fernández Paz (Literatura infantoxuvenil)
- Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura)
- Luis González Seara (Ensaio)
- Editorial Kalandraka (Labor Editorial)
- Manuel Lourenzo (Literatura dramática)
- Basilio Losada (Tradución)
- Paco Martín (Literatura infantoxuvenil)
- José María Merino (Narrativa)
- José Luis Moralejo (Tradución)
- Miguelanxo Prado (Banda deseñada)
- César Portela (Arquitectura)
- Xabier Puente Docampo (Literatura infantoxuvenil)
- Fernando Rey (Cinematografía)
- Manuel Rivas (Narrativa)
- Rubén Ruibal (Literatura dramática)
- Alejandro de la Sota (Arquitectura)
- Suso de Toro (Narrativa)
- Andrés Torres Queiruga (Tradución)
- José Ángel Valente (Poesía, en dúas ocasións)
- Manuel Vilariño (Fotografía)
- Xavier Senín (Tradución
Tamén había en 2013 dezasete categorías que nunca corresponderan a ningún galego ou galega: Artes Plásticas, Deseño de Moda, Letras Españolas, Poesía Nova, Tradutor, Ilustración, Fomento da Lectura, Circo, Música, Músicas Actuais, Danza, Teatro, Artes Escénicas para a Infancia, Restauración, Creatividade no Xoguete, Televisión e Tauromaquia...
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ De xeito colectivo, por España: Reflexiones sobre el ser de España (1998) Orden de 17 de decembro de 1998, Aguirre y Gil de Biedma, BOE n.º 8, 9 de xaneiro de 1999.