José María Gironella
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Josep Maria Gironella i Pous 31 de decembro de 1917 Darnius |
| Morte | 3 de xaneiro de 2003 Arenys de Mar |
| Causa da morte | ictus |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, requeté, novelista |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | guerra civil española |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| |
José María Gironella, nado en Darnius (Xirona) en 1917 e finado en Arenys de Mar (Barcelona) en 2003, foi un escritor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario e ao deixalo en 1931 traballou en diversos oficios, como traballador de banca. Ao comezar a Guerra civil española deixou Cataluña para entrar no exército sublevado. Na posguerra chegou a estar en prisión por contrabando e comezou a escribir artigos literarios. Fíxose coñecido ao gañar o Premio Nadal de 1946 con Un hombre. En 1948 publicou La marea e en 1953 con Los cipreses creen en Dios deu comezo a unha triloxía sobre a guerra civil na que tamén están Un millón de muertos (1961) e Ha estallado la paz (1966) que se converteron en auténticos éxitos de venda. En 1971 gañou o Premio Planeta con Condenados a vivir.