Carme Riera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carme Riera Cruz de Sant Jordi 2000
Paris - Salon du livre 2013 - Carme Riera - 001.jpg
Carme Riera (París 2013).
Datos persoais
Carme Riera Guilera
Nacemento 21 de xaneiro de 1948 (69 anos)
Lugar Palma de Mallorca (Illas Baleares)
Actividade
Lingua Catalán -castelán
Xéneros Novela, narrativa, e guionista

Carme Riera Guilera, nada o 21 de xaneiro de 1948 en Palma de Mallorca, é unha escritora en catalán e castelán, ensaísta, profesora e membro do Real Academia Española. Gañou os máis importantes premios da literatura catalá.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carme Riera pasou a súa infancia e adolescencia en Palma de Mallorca, onde ten vínculos familiares co enxeñeiro mallorquino Eusebio Estada e o xeneral Valeriano Weyler.[3] Desde o oito anos escribiu narracións que eran variantes das historias que lle contaba a súa avoa Caterina na súa infancia.[4] Trasladouse en 1965 a estudar filoloxía hispánica á Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), onde se licenciou en Filosofía e Letras e se doctoró en Filoloxía Hispánica con Premio Extraordinario pola UAB. Riera participou nas mobilizacións estudantís en contra do franquismo, da guerra de Vietnam e no incipiente movemento feminista. Todo iso forxou a súa mirada sobre a realidade, unha mirada que cuestionaba as normas, baixo o influxo de maio do 68 francés, e que albiscaba unha xanela aberta a un mundo radicalmente diferente.[4]

Carreira académica[editar | editar a fonte]

En 1995 converteuse en catedrática de literatura española da súa alma máter e desde 2002 exerce como directora da "Cátedra José Agustín Goytisolo" nesta mesma universidade. Riera estudou ao longo da súa carreira a literatura española do Século de Ouro e da literatura catalá da Escola de Barcelona.

Foi catedrática de Lingua e Literatura Españolas de Institutos Nacionais de Ensino Medio e titular de universidade; profesora visitante nas universidades de Florida (Gainesville) (1987), Darmouth College (2001) e na University of Chicago (2006). Impartiu cursos e seminarios, entre outras, na Universidade Internacional Menéndez Pelayo; Complutense de Madrid; Aarhus; Instituto de Estudos Hispánicos de Antuerpen; Universidade de Porto Rico (Mayagüez); a Sorbona; Uppsala; Harvard; Montclair; Cornell; University of Missouri-St. Louis; Columbia; Indiana e The Catholic University of América (Washington), entre outra.[5]

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

Publicou o seu primeiro libro, a recompilación de contos Te deix, amor, la mar com a penyora, en 1975 (o relato que lle dá título gañara, en 1974, o premio Recull-Francesc Puig i Llensa de narració), Riera achegou un estilo novo e fresco e utilizaba a fala mallorquina coloquial para suxerir e crear unha narrativa que puña sobre a mesa temas que até entón foran tabús, como o amor entre as mulleres, e ao mesmo tempo era bastante crítica coa sociedade do momento.[4] Foi seguido, dous anos despois por outra recompilación titulada Pongo las gaviotas por testigo, un conxunto de narracións que seguían os mesmos principios narrativos da obra anterior que pecha a súa primeira etapa da produción literaria da autora.[4]

A súa primeira novela, Una primavera per a Domenico Guarini, coa que recibiu o Premio Prudenci Bertrana en 1980, abre a segunda etapa da obra de Riera, que comprende a produción literaria da década do oitenta. Esta primeira novela non só representa un cambio de xénero senón tamén de obxectivo, o de formular un modelo de novela culta alternada con elementos coloquiais e o de experimentar coa simbiose de rexistros e de xéneros -a narrativa policíaca e o ensaio, a linguaxe culta e o xornalístico-. Esta vontade experimentadora e investigadora da autora, e unha actitude de xogo, cunha mirada a miúdo lúdica e irónica, son os eixos das obras deste período, como a recompilación de narracións Epitelis tendríssims y las novelas Qüestió d'amor propi e Joc de miralls.[4]

Coas novelas históricas Dins el darrer blau i Cap al cel obert, con boa acollida pola crítica, iníciase a terceira etapa. Ambas as novelas constrúen a dobre identidade de xudeus e mallorquinos dos protagonistas, a partir de dúas historias enlazadas: a primeira, ambientada na Mallorca de finais do século XVII, narra a persecución dun grupo de xudeus condenados a quéimaa pública na fogueira pola Inquisición; a segunda ten como protagonistas aos descendentes dos xudeus do século XVII establecidos na illa de Cuba en pleno conflito colonial. Con estas dúas ambiciosas narracións, Riera reconstruíu con todo detalle e rigor os escenarios históricos daquel momento. A escritora despregou historias de ficción e trazou con moito talento o carácter e perfil dos diferentes personaxes. Ambas as obras teñen un gran valor literario e testemuñan unha excelente traxectoria literaria, que se consolida definitivamente na segunda metade da década do noventa.[4]

Riera escribe as súas novelas e relatos en catalán, e encárgase de traducilas ao castelán, mentres que os ensaios escríbeos en castelán.[6] Gran parte da súa produción traduciuse a unha ducia de idiomas, como alemán, árabe, francés, inglés e italiano.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 19 de abril de 2012 foi elixida membro de número da Real Academia Española, onde pasou a ocupar a cadeira n tras ler o seu discurso de ingreso titulado Sobre un lugar parecido a la felicidad o 7 de novembro de 2013.[1][8][9] Tamén é membro de número da Real Academia de Boas Letras de Barcelona.[5]

Riera recibiu numerosos premios polas súas obras, entre outros, o Ramon Llull (1989) por Joc de miralls; o Premio Nacional de Narrativa (1995) por Dins o darrer blau ou o Premio Sant Jordi (2003) por La meitat de l'ànima. Colaborou con diversas publicacións, como o diario El País ou as revistas Quimera e Serra d'Or, entre outras. En novembro de 2015 recibiu o prestixioso Premio Nacional das Letras Españolas.[10]

Influencia[editar | editar a fonte]

A ampla bagaxe lectora de Carme Riera, consecuencia dunha actitude apaixonada e erudita cara á literatura, configura un vasto marco de referencias. Safo, Petrarca, Goethe e Virginia Woolf desfilan polas súas páxinas, pero tamén os autores da literatura castelá da formación académica: Cervantes, Clarín, Laforet, Valle-Inclán ou Gil de Biedma. Con todo, a autora situou as raíces da súa narrativa nas rondallas mallorquinas e na obra de dúas escritoras fundamentais na construción da narrativa catalá contemporánea: Víctor Català e Mercè Rodoreda.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • 1975: Te deix, amor, la mar com a penyora
  • 1977: Jo pos per testimoni les gavines
  • 1980: Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull
  • 1980: Una primavera per a Domenico Guarini
  • 1987: Qüestió d'amor propi
  • 1989: Joc de miralls
  • 1991: Contra l'amor en companyia i altres relats
  • 1994: Dins el darrer blau
  • 2000: Cap al cel obert
  • 2003: Llengües mortes
  • 2003: Antologia de poesia catalana femenina
  • 2004: La meitat de l'ànima
  • 2006: L'estiu de l'anglès
  • 2009: Amb ulls americans
  • 2011: Natura quasi morta
  • 2013: Temps d'innocència
  • 2015: La veu de la sirena

Prosa[editar | editar a fonte]

  • 1980: Els cementiris de Barcelona
  • 1998: Temps d'una espera

Ficción infantil[editar | editar a fonte]

  • Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull
  • 1981 Epitelis tendríssims
  • 1988 La molt exemplar història del gos màgic i de la seva cua.
  • 2002 Petita història de Carlos Barral.
  • 2005 El gos màgic.
  • 2003 El meravellós viatge de Maria al país de les tulipes.

Guións[editar | editar a fonte]

  • 1989 Es diu Maria Puig la meva mare?, radio. Barcelona
  • 1994 Quotidiana quotidianitat, televisión, Barcelona
  • 1997 Dones d'aigua (con outros autors), televisión, Barcelona

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 RAE (ed.). "Ficha de Carme Riera na RAE" (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2015. 
  2. escriptors.cat (ed.). "Carme Riera" (en inglês). Consultado o 14 de abril de 2015. 
  3. El País, ed. (novembre de 2004). "La mallorquina que creó un estilo". Consultado o 19 de abril de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Generalitat de Catalunya. gencat-cat (ed.). "Carme Riera" (en catalán). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Currículum de Carme Riera en la RAE
  6. Rosa Mora. Carme Riera: “Lo que no te da la vida te lo dan los libros, sobre todo si los escribes”, El País, 30.04.2012; acceso 02.05.2012
  7. Perfil de Carme Riera en l'Associació d'Escriptors de Llengua Catalana
  8. Elegida la escritora Carme Riera para ocupar la silla 'n' de la Real Academia Española; RAE, 19.04.2012; acceso 02.05.2012
  9. Carme Riera ingresa con un discurso dedicado a los viajeros que escribieron sobre Mallorca entre 1837 y 1936; RAE, 07.11.2013.
  10. El País, 3 Nov 2015: La escritora Carme Riera, Premio Nacional de las Letras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]