Cristina Fernández Cubas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Fernández Cubas
Nome completoCristina Fernández Cubas
Nacemento1945
Lugar de nacementoArenys de Mar
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónescritora
CónxuxeCarlos Trías Sagnier
PremiosPremio Setenil, Salambó Prize, Premio da Crítica de narrativa castelá, Premio Nacional de Narrativa, Premio Nacional das Letras Españolas e honorary doctorate of the University of Alcala
Na rede
Bitraga: 163 Dialnet: 21193
editar datos en Wikidata ]

Cristina Fernández Cubas, nada en Arenys de Mar, Barcelona, en 1945, é unha escritora e xornalista española, unha das máis destacadas cultivadoras do relato breve na literatura española das décadas de 1990 e 2000.

Biografía e traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito en Barcelona, e Xornalismo en Madrid, profesión esta última que exerceu desde moi nova.[1] Casada co escritor Carlos Trías Sagnier. Residiu, entre outras cidades, no Cairo, Lima, Buenos Aires, París e Berlín.[2]

Publicou o seu primeiro volume de contos, Mi hermana Elba, en 1980, ao que lle seguiron outros: Los altillos de Brumal (1983), El ángulo del horror (1990), Con Ágatha en Istambul (1994), Parientes pobres del diablo (2006), 'Todos los cuentos (2009).[3][4]

É tamén autora de novelas —El año de Gracia e El columpio—, unha obra de teatro —Hermanas de sangre— e un libro de memorias narradas, Cosas que ya no existen (2001), recuperado en 2011 por Tusquets Editores. A súa novela El año de Gracia inspirou o compositor Albert Sardá a ópera do mesmo nome, estreada en Alacant en setembro de 1992 no VII Festival de Música Contemporánea, dirixida por Joan Lluis Bozzo.

En 2013 decidiu utilizar o pseudónimo de Fernanda Kubbs para a súa novela La puerta entreabierta, sobre unha xornalista escéptica que ao visitar unha vidente sofre unha transformación inesperada.[5]

Fernández Cubas válese dos modelos da narración fantástica para enfrontar os seus personaxes -principalmente femininos- a unhas atmosferas inquietantes, plenas de suxestións, un xogo no que o lector é parte activa do desciframento das claves e dos silencios, do desvelamento das razóns últimas das psicoloxías e condutas.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio NH Hoteles para Cuentos (2001), por Cosas que ya no existen.
  • Premio Setenil (2006), por Parientes pobres del diablo
  • Premi Ciutat de Barcelona (2009), por Todos los cuentos
  • Premio Salambó (2009), por Todos los cuentos
  • Premio Qwerty (2009), por Todos los cuentos
  • Premio Tormenta (2009), por Todos los cuentos
  • Premio da Crítica (2015), por La habitación de Nona
  • Premio Nacional de Narrativa de España (2016), por La habitación de Nona
  • Premio Nacional das Letras Españolas (2023)

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra está traducida a dez idiomas.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Mi hermana Elba, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1980
  • Los altillos de Brumal, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1983
  • El año de Gracia, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 1985
  • Cris y Cros, seguido de El vendedor de sombras, Madrid, Editorial Alfaguara, 1988
  • El ángulo del horror, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1990
  • Con Ágatha en Estambul, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1994
  • El columpio, Barcelona, novela, Tusquets Editores, 1995
  • Parientes pobres del diablo, contos, Barcelona, Tusquets Editores 2006
  • Todos los cuentos (inclúe os relatos dos cinco anteriores contarios), Barcelona, Tusquets Editores, 2008
  • La habitación de Nona, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 2015
como Fernanda Kubbs
  • La puerta entreabierta, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 2013
Antoloxías
  • Aquelarre. Antología del cuento de terror español actual (relato «Salto de página», 2010)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Hermanas de sangre, Barcelona, Tusquets Editores, 1998

Biografía[editar | editar a fonte]

  • Emilia Pardo Bazán, Barcelona, Editorial Omega, 2001

Memorias[editar | editar a fonte]

  • Cosas que ya no existen, Barcelona, Lumen 2001, Tusquets Editores 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Cuando escribo me gusta inquietarme"". 
  2. "Cristina Fernández Cubas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  3. "III Premio Setenil 2006". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  4. Literaturas
  5. Sergi Foria

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]