Luis Landero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Landero Durán 25 de marzo de 1948 (76 anos) Alburquerque, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - filoloxía hispánica |
Actividade | |
Ocupación | escritor, mestre, novelista |
Período de actividade | 1989 - |
Empregador | Q5772535 Real Escuela Superior de Arte Dramático Facultad de Filología (Complutense University of Madrid) (en) Universidade Yale |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Luís Landero Durán, nado en Alburquerque, Badaxoz, o 25 de marzo de 1948, é un novelista e articulista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedente dunha familia campesiña, pasou os primeiros anos da súa vida entre a súa localidade natal, Alburquerque, e a veciña propiedade de Valdeborrachos, propiedade do seu pai. En 1960, tras vender parte das terras, a familia trasladou o seu domicilio a un piso do barrio da Prosperidade (Madrid), no cal o seu pai instalou un obradoiro de punto e de costura. Luís comezou a traballar desde os catorce anos en diversos oficios: aprendiz nun taller mecánico, recadeiro nunha tenda de ultramarinos, auxiliar administrativo en Clesa, Central Leiteira... A morte do seu pai en 1964 deu ás ao mozo para dedicarse profesionalmente á guitarra flamenca: xunto ao seu primo foi guitarrista acompañante de diversos cantantes durante algúns anos. Aproximadamente por esta época, e a pesar de ter unha nenez na que os libros estiveron ausentes, comezou unha afección case obsesiva pola literatura que xa non abandonaría nunca.[1]
Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade Complutense de Madrid e exerceu na mesma como profesor axudante de Filoloxía Francesa. Foi profesor de Lingua e Literatura españolas no instituto Calderón de la Barca de Madrid, na Escola de Arte Dramática da mesma cidade e na Universidade de Yale.[2] O éxito da súa primeira novela, Juegos de la edad tardía, publicada cando o seu autor contaba máis de corenta anos, serviulle para poder dedicarse á escrita dunha obra da que a crítica destacou as súas raíces cervantinas e o uso dunha linguaxe coidada e densa tras unha aparente sinxeleza.[3]
Na súa honra deuse nome ao Certame Literario de Narracións Curtas Luís Landero, que se convoca a nivel internacional para todos os alumnos de secundaria dos países hispanofalantes.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Novelas
- Juegos de la edad tardía (1989).Tusquets.
- Caballeros de fortuna (1994). Tusquets)
- El mágico aprendiz (1999). Tusquets.
- El guitarrista (2002). Tusquets.
- Hoy, Júpiter (2007). Tusquets.
- Retrato de un hombre inmaduro (2009). Tusquets.
- Absolución (2012). Tusquets.
- La vida negociable (2017). Tusquets.
- Lluvia fina (2019). Tusquets.
- El huerto de Emerson (2021). Tusquets.
- Una historia ridícula (2022). Tusquets.
- Outras
- Entre líneas: el cuento o la vida (2000). Tusquets. Ensaio
- Ésta es mi tierra (2000). Editora Regional de Extremadura. Intervencións no programa Esta es mi tierra de Televisión Española.
- ¿Cómo le corto el pelo, caballero? (2004). Tusquets. Artigos.
- El balcón en invierno (2014). Tusquets. Autobiografía.
- El huerto de Emerson (2021). Tusquets. Autobiografía
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Premio |
---|---|
1989 | Premio Ícaro para novos creadores de Diario 16 |
1989 | Premio da Crítica de Narrativa castelá[5] |
1990 | Premio Nacional de Narrativa |
1990 | Premio Mariano José de Larra[6] |
1992 | Premio Mediterráneo á mellor obra estranxeira |
1992 | Grinzane Cavour de Literatura |
2000 | Premio Estremadura á Creación á Mellor Obra Literaria de Autor Estremeño |
2005 | Medalla de Estremadura |
2008 | Premio Arcebispo Xoán de San Clemente |
2015 | Premio dos Libreiros de Madrid |
2015 | Premio Doce Chacón de Narrativa española |
2022 | XV Premio de Novela Europea Casino de Santiago |
2022 | Premio Nacional das Letras Españolas[7][8] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07.
- ↑ "Luis Landero". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2022-11-07.
- ↑ "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07.
- ↑ Escritores.org. "XXXII CONCURSO DE NARRACIONES CORTAS LUIS LANDERO (España)". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2022-11-07.
- ↑ RTVE.es (2022-11-07). "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras Españolas 2022". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-11-07.
- ↑ "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07.
- ↑ "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras 2022". www.publico.es. Consultado o 2022-11-07.
- ↑ García Higueras, Laura (7 de novembro de 2023). "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras: “Mi pasión literaria es la misma que cuando tenía quince años”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Luis Beltrán Almería: Luis Landero en el país de Maricastaña. Apuntes sobre la estética de "Juegos de la edad tardía". Castilla: Estudios de literatura, 1992, n.º 17, págs. 33-48.
- Rafael Conte: Como un cuento de hadas, Babelia (16/3/2002).
- Antonio Ubach Medina: Realidad y ficción en "Juegos de la edad tardía", de Luis Landero, Antagonía: cuadernos de la Fundación Luis Goytisolo, n.º 6, 2001 , págs. 43-50. ISSN 1136-551X.
- Alfonso Ruiz de Aguirre: Luis Landero: símbolo, paradoja y carnaval, Pliegos, 2015. ISBN: 978-84-96045-97-2