Unai Elorriaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unai Elorriaga
Unai-Elorriaga.jpg
Nacemento14 de febreiro de 1973
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónescritor, tradutor, profesor e escritor de literatura infantil
Coñecido porUn tranvía cara a SP, O pelo de Van't Hoff, Vredaman e Iazko hezurrak
PremiosPremio Nacional de Narrativa e Kritika Saria euskarazko narratibari
editar datos en Wikidata ]

Unai Elorriaga López de Letona, nado en Bilbao o 14 de febreiro de 1973, é un escritor vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Bilbao e criouse dende pequeno no barrio de Algorta, no municipio de Getxo, próximo a Bilbao. Licenciouse en Filoloxía vasca pola Universidade de Deusto, e adícase a escribir e traducir.

Foi profesor de Lingua e Literatura, corrector, tradutor e investigador traballando principalmente na editorial Edebé e a Fundación Labayru.[1]1 A súa primeira obra foi o ensaio Literatur ideia batzuk, editada por Labayru en 2001. Ese mesmo ano publicou o seu opera prima escrita en éuscaro, SPrako tranbia (Un tranvía en SP) por medio da editorial vasca Elkar, que lle trouxo fama e prestixio como escritor, especialmente despois de que dita obra fose galardoada co Premio Nacional de Narrativa de España de 2002, converténdose Unai Elorriaga no segundo escritor en éuscaro en obter o devandito premio, despois de Bernardo Atxaga en 1989. Ese galardón deu a coñecer a Elorriaga máis aló do País Vasco e desde entón a editorial Alfaguara publicou todas as súas novelas traducidas ao castelán. O éxito obtido permitiu a Unai dedicarse á escrita de forma profesional ata que logrou praza de profesor en 2016.[2]​ Dous anos máis tarde, en 2003, publicou Van' t Hoffen ilea (O pelo de Van' t Hoff) grazas á bolsa Igartza que ofrecen a editorial Elkar e o Concello de Beasain. Vredaman foi o seguinte en 2005[3]​ e está composto por catro relatos, un dos cales adaptou o propio Elorriaga como conto infantil co título Matxinsaltoen belarriak (As orellas dos saltóns) en 2006.[4] Vredaman foi galardoado en 2010 co NEA International Literary Award, concedido polo goberno dos Estados Unidos, traducido como Plants don' t drink cofee.[5]Londres kartoizkoa dá (Londres é de cartón) é o resultado de catro anos de traballo, editado en 2009, que ten como tema principal as características e complexidades das ditaduras.[6]​ En 2015, gañou o Premio Nacional da Crítica pola súa novela, Iazko hezurrak (Mapas e cans), e foi finalista, de novo, do Premio Nacional de Narrativa de España e do Premio de Literatura Euskadi. En 2016 foi finalista do Premio de Literatura Euskadi polo seu libro infantil 107 kiwi.[7] O propio Elorriaga é o tradutor das súas obras ao castelán. As súas novelas foron traducidas a múltiples idiomas: italiano, inglés, galego, alemán, catalán, serbio, ruso e estoniano entre outros.

É colaborador en prensa escrita (El País, Deia, Euskaldunon Egunkaria, Berria...)[8] ​e foi profesor e relator en universidades de todo o mundo: Oxford, Georgetown, Universidade do País Vasco, Universidade de Dublín, Universidade de Aberdeen, École Normale Supérieure de Lyon...[9][10]

A súa novela Un tranvía cara a SP foi levado ao cinema no 2008 polo director Aitzol Aramaio co título Un poco de Chocolate.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Un tranvía cara a SP (2002). Galaxia. SPrako tranbia, Elkar, 2001. Alfaguara, 2003. En italiano Un tram a sp, Gran via. En alemán Lucas oder Der Himmel über Nepal, Schöffling. En serbio Tramvaj za S.P., Samizdat B92. En estonio Tramm Šiša Pangmale, Loomingu Raamatukogu.
  • O pelo de Van't Hoff (2004). Galaxia.[11] Van't Hoffen ilea (2003), Elkar. Alfaguara, 2004.
  • Vredaman (2006). Galaxia.[12] Vredaman (2005), Elkar. Alfaguara, 2006. En italiano Le piante per esempio non bevono caffelatte, Gran via. En inglés Plants don't drink coffee, Archipelago books.
  • Londres kartoizkoa da (2009). Elkar. Londres es de cartón, Alfaguara, 2010.
  • Iazko hezurrak, (2014). Susa.
  • Iturria (2019). Susa.

Infantil[editar | editar a fonte]

  • Matxinsaltoen belarriak (2006). Elkar. Las orejas de los saltamontes, Alfaguara, 2013.
  • Zizili (2012). Elkar.
  • 107 kiwi (2015). Elkar.
  • Erraldoiek ez dute lagunik jaten (2018). Begiko.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Literatur ideia batzuk (2001). Labayru.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Doministiku egin dute arrainek / Y los peces estornudaron, Letranómada (2008). Publicada na Arxentina.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Nogueira doktorearen laborategia (2000). Tradución ao éuscaro do libro de Agustín Fernández Paz O laboratorio do doutor Nogueira.
  • Etorkizunik ez (2001). Tradución ao éuscaro do traballo de Marilar Aleixandre A banda sen futuro.
  • Artzapezpikuaren bisita. Tradución ao éuscaro do libro de Ádám Bodor Az érsek látogatása. Elkar (2011).

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1998: Premio organizado polo diario Deia.
  • 1999: Premio Idatz&Mintz.
  • 2002: Premio Nacional de Narrativa de España (SPrako tranbia).
  • 2003: Bolsa Igartza (Van’t Hoffen ilea).
  • 2008: Bolsa Literaria Joseba Jaka (ondres kartoizkoa da).
  • 2010: Premio Literario Internacional NEA (EE. UU.) (Vredaman).
  • 2015: Premio da Crítica Española (Iazko hezurrak).
  • 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elorriaga, Unai - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  2. Irizar, Itziar Ugarte. "«Piroteknia ez da literatura ona»". Berria (en éuscaro). Consultado o 2020-12-29. 
  3. "«Me interesan las miradas excéntricas, no las que son mayoría en literatura»". El Diario Vasco (en castelán). 2006-06-07. Consultado o 2020-12-29. 
  4. "Unai Elorriaga y Pako Aristi reflexionan sobre la infancia en sus nuevos relatos". El Diario Vasco (en castelán). 2006-10-04. Consultado o 2020-12-29. 
  5. "Creating a World". www.arts.gov (en inglés). Consultado o 2020-12-29. 
  6. Elorza, Ania (2009-10-10). "Unai Elorriaga presenta su novela 'Londres paperezkoa da'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-29. 
  7. "<UNAIE>". unaielorriaga.com. Consultado o 2020-12-29. 
  8. PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por Unai Elorriaga". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  9. "Conférence Trayectoria de lecturas Instituto Cervantes de Lyon". lyon.cervantes.es. Consultado o 2020-12-29. 
  10. "Entrevista a Unai Elorriaga". www.lehman.cuny.edu. Consultado o 2020-12-29. 
  11. "O pelo de Van”t Hoff". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-12-29. 
  12. "Vredaman". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-12-29. 
  13. culturagalega.org (2020-02-26). "O Centro Pen Galicia galardoa neles traxectorias literarias senlleiras nas outras linguas peninsulares". culturagalega.org. Consultado o 2020-12-29.