Tomás Borrás
Tomás Borrás | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1891 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 26 de agosto de 1976 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Cónxuxe | La Goya |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tomás Borrás Bermejo, nado en Madrid o 10 de febreiro de 1891 e finado o 26 de agosto de 1976, foi un escritor e xornalista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militou nas orixinarias JONS e logo na Falanxe Española. Tivo colaboracións xornalísticas en La Nación e en 1930 ingresou no xornal ABC e no seu suplemento "Blanco y Negro". Foi cronista oficial da Vila de Madrid.
Obras[editar | editar a fonte]
Conto e relato breve[editar | editar a fonte]
"Cuentos gnómicos" denominou o autor a un conxunto de 203 relatos moi breves, de entre catro e menos dunha páxina, publicados en trece libros, sendo o primeiro Unos y otros fantasmas (1940) e o último Agua salada en agua dulce (1969).[1]
Novela[editar | editar a fonte]
- La pared de tela de araña (1924)
- La mujer de sal (1925)
- El rey de los Estados Unidos (1935)
- Checas de Madrid (1940)
- La sangre de las almas (1947)
- Luna de enero y el amor primero (1953)
Teatro[editar | editar a fonte]
- El sapo enamorado (pantomima, música de Pablo Luna, 1916)
- El Avapiés (drama lírico en tres actos, música de Conrado del Campo e Ángel Barrios, 1922)
- Fantochines (ópera de cámara, música de Conrado del Campo, 1923)
- El pájaro de dos colores (ópera de cámara, música de Conrado del Campo, 1929)
- Tam Tam (1931)
- Fígaro (1940)
- La esclava del Sacramento (1943)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Unha selección de 64 editáronse co título Cuentos gnómicos (2013). Reseña por Javier Barreiro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en El País (en castelán)