Cristina Morales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristina Morales
Cristina García Morales - 2019 (49120884908) (cropped).jpg
Nome completoCristina García Morales
Nacemento1985
 Granada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada
Ocupaciónescritora
Coñecida porLectura fácil
PremiosPremio Nacional de Narrativa e Prémio Herralde
editar datos en Wikidata ]

Cristina García Morales, máis coñecida como Cristina Morales, nada en Granada en 1985, é unha escritora española, considerada por algunhas críticas como unha das escritoras novas de maior talento na literatura.[1] Entre as súas obras máis coñecidas está Lectura fácil, cuxas protagonistas son catro mulleres con discapacidade intelectual que viven en Barcelona[2][3] e que en 2018 obtivo o Premio Herralde de Novela e en 2019 o Premio Nacional de Narrativa[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito internacional na Universidade de Granada, traballa como intérprete xurídica e reside en Barcelona.[5] No 2002 e o 2006 gañou o Certamen Andaluz de Escritores Noveles na modalidade de relato e novela curta, respectivamente e ao ano seguinte logrou unha bolsa como residente na Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores de Córdoba. Traballou como dramaturga para a aula de Teatro da Universidade de Granada e para Eutopía, Festival de Jóvenes Creadores.[6]

2008 - La merienda de las niñas[editar | editar a fonte]

En 2008 publicou o libro de relatos La merienda de las niñas e cinco anos despois publicou a súa primeira novela: Los combatientes coa que obtivo o Premio Injuve de Novela.[7] En 2015 foi finalista co relato curto El hombre de los buzones dos premios Francesc Candel.[8]

2015 - Malas palabras - Reivindicando a Teresa de Cepeda[editar | editar a fonte]

Tamén en 2015 publicou Malas palabras, un encargo feito pola editorial Lumen con motivo do quinto centenario. Morales aceptou meterse na pel de Santa Teresa de Jesús para escribir en primeira persoa, coma se se tratase da mesma santa.[9] A escritora granadina recrea un suposto diario persoal escrito por Teresa de Jesús, en 1562, mentres a autora do Século de Ouro redacta 'Libro de la vida'. Cristina Morales reivindica a figura de Teresa de Jesús desde unha perspectiva humana: “foi a primeira muller que se atreveu a acusar os homes por cortarlles as ás ás mulleres. Debería ser reivindicada polas anarcofeministas máis radicais. A min faime sombra Teresa de Jesús. Ao Goberno ou a calquera político debería darlles vergoña reivindicar a súa figura e poucos dirán que foi unha feminista”. Secuestrada pola Igrexa, apartada pola progresía. “Foi unha líder da Contrarreforma, mais foi colocada nunha capela e quedou neutralizada. Non a estudamos humanamente. Un traballo que si se fixo co seu coetáneo san Juan de la Cruz” explicou sobre o seu traballo para recuperar a escritora.[10] Unha historia que, di, segue sendo inxusta para as mulleres:[11]

Woolf y Munro y Santa Teresa de Jesús luchaban por la habitación propia, sí, pero esa lucha sigue vigente. A ellas les discutían que para qué quería una mujer nada propio e íntimo. A nosotras nos discuten que cómo no vamos a trabajar diez horas al día por 800 euros al mes. Sólo una escritora que sea pudiente, o que se halle sometida a las tiranías del mundo laboral, o que okupe, puede permitirse disfrutar de una habitación propia.
Cristina García Morales. Ellos publican mucho, ellas innovan más
Woolf e Munro e Santa Teresa de Jesús loitaban por un cuarto propio, si, mais esa loita segue vixente. A elas discutíanlles que para que quería unha muller nada propio e íntimo. A nosoutras discútennos que como non imos traballar dez horas ao día por 800 euros ao mes. Só unha escritora que sexa podente, ou que se ache sometida ás tiranías do mundo laboral, ou que okupe, pode permitirse gozar dun cuarto propio.
Cristina García Morales. Ellos publican mucho, ellas innovan más

2017 - Terroristas modernos[editar | editar a fonte]

En 2017, froito da III Bolsa Han Nefkens do Máster en Creación Literaria da UPF Barcelona, publica Terroristas modernos, novela na que retoma a perspectiva histórica de Malas palabras e narra a chamada “conspiración do triángulo”, levantamento frustrado contra Fernando VII en 1816, complot de base masona levado a cabo por ilustrados no exilio, doceañistas e heroes da guerrilla que lle permite paralelismos coa política actual: o terrorismo, a violencia de Estado, a manipulación da prensa ou a volubilidade do concepto de pobo, dos cidadáns indignados.[12][13] A democracia moderna - explica Morales - é un acto de terrorismo contra os gobernados e o territorio que ocupan. É o mecanismo de control máis depurado de todos. A máquina violenta que é o Estado dentro das súas fronteiras e fóra é a máis depurada que coñeceu a organización humana. Desde finais do XVIII aos nosos días foise perfeccionando.[14]

2018 - Lectura fácil[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lectura fácil (novela).

En 2018 publica a novela Lectura fácil que toma o seu título do termo lectura fácil utilizado para denominar o conxunto de adaptacións que deben facerse para facilitar a lectura e a comprensión por quen poida ter dificultades de lectura ou comprensión -discapacitados intelectuais, persoas con baixa cultura, migrantes etc-.

A novela narra a vida de catro mulleres con discapacidade intelectual que conviven nun piso tutelado en Barcelona. As protagonistas enfróntanse a diversas formas de control social. ... Marga, Nati, Patricia e Àngels, con vínculos familiares e orixe común con diversos graos de discapacidade intelectual [que] comparten un piso tutelado nunha Barcelona mestiza e opresiva con paro, desafiuzamentos, mentiras, okupas, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e os ateneos libertarios como pano de fondo. A autora reivindica as persoas administrativamente denominadas discapacitados intelectuais ou con diversidade funcional.[3]

A novela obtivo o Premio Herralde de Novela de 2018 e o Premio Nacional de Narrativa en 2019.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Los combatientes (2013), Caballo de Troya[15]
  • Malas palabras (2015), Editorial Lumen
  • Terroristas modernos (2017), Editorial Candaya
  • Lectura fácil (2018), Editorial Anagrama.
  • Los combatientes (2020), Editorial Anagrama.
  • Introducción a Teresa de Jesús (2020), Editorial Anagrama.

Contos[editar | editar a fonte]

  • La merienda de las niñas (2008), Cuadernos del Vigía.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2002 Certamen Andaluz de Escritores Noveles en relato
  • 2006 Certamen Andaluz de Escritores Noveles en novela curta
  • 2007 Bolsa na Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores (Córdoba)
  • 2013 Premio Injuve de Novela con Los combatientes
  • 2018 Premio Herralde de Novela con Lectura fácil.[16]
  • 2019 Premio Nacional de Narrativa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cristina Morales: «Me interesa la moral del juego, contraria a la del aburrimiento»" (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  2. 'Lectura fácil': las revolucionarias discapacitadas de Cristina Morales, El periódico, 9 de xaneiro de 2019
  3. 3,0 3,1 3,2 Cristina Morales gana el Herralde con una novela sobre la discapacidad, eldiario.es, 5 de novembro de 2018
  4. "Cristina Morales, Premio Nacional de Narrativa 2019 por 'Lectura fácil'" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  5. "Malas palabras, de Cristina Morales | eñe. Revista para leer". Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  6. "Presentación del libro "Los combatientes" de Cristina García Morales". Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  7. "Los combatientes" (en castelán). 12 de maio de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  8. "Lliurats els Premis Francesc Candel 2015 - El Digital D Barcelona | Ajuntament de Barcelona". Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  9. Córdoba, Diario. "Cristina Morales: 'Santa Teresa, de mojigata, no tenía nada'". Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  10. "Ya quisiera yo el coño de santa Teresa. Noticias de Cultura". Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  11. Josep Massot (14 de agosto de 2016). "Ellos publican mucho, ellas innovan más". La Vanguardia. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  12. "Cristina Morales publica la novela Terroristas modernos, fruto de la III Beca Han Nefkens del Máster en Creación Literaria" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  13. Pardo, Carlos (29 de maio de 2017). "La revolución postergada". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  14. "Cristina Morales: “El DNI es un artefacto terrorista”". El Español (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  15. Los combatientes - Megustaleer. ISBN 9788415451228. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  16. "Cristina Morales: "Yo no sabía que tenía una identidad hasta que vine a Barcelona"". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]