Saltar ao contido

Banda de música A Lira de Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda de música A Lira de Prado
Anos de actividade1927-1930 / 2009-actualmente
EnderezoPrado, Lalín

A Banda de Música "A Lira" de Prado é unha agrupación musical con sede na parroquia lalinense de Prado. Tras unha efémera existencia na década de 1930, en novembro de 2009 foi refundada e posta a andar coa colaboración de músicos doutras agrupacións.

Un capricho entre compoñentes da agrupación de Bendoiro deu orixe á creación da efémera Banda de Prado (1927-1930). Foi logo do casamento nesta parroquia do músico Benito Villar, clarinete de Bendoiro, que, á vista das diferenzas existentes no seo desta banda, invitou a algúns compañeiros a que a abandonasen para formar outra. Ao pouco tempo tivo que facerse coa dirección Andrés Fiuza, madeirista de profesión, que xa estivera antes na de Lantaño. Con el ao mando, Prado chegou a ter vinte músicos. Pero a boa reputación que naquel momento tiña a de Bendoiro impediulle levantar cabeza e levouna á súa disolución só tres anos despois da súa fundación. Relata Enrique Alvarellos, autor de Bandas de Música de Galicia, que "los mismos vecinos de ambas parroquias no veían con buenos ojos el hacerse mutuamente la competencia, ya que hombres de Prado tocaban en la de Bendoiro, y, por otra parte, entre una y otra parroquia no querían discordias". Benito preparou a "dous ou tres músicos, e iso frouxos", lembran as fontes consultadas polo autor, polo que Prado acabou por esmorecer, como o faría, co paso do tempo, a súa feira do 13.

Refundación e traxectoria

[editar | editar a fonte]

No mes de novembro do 2009, tres músicos, ex-integrantes da Nova Banda de Vilatuxe, deciden poñer a andar de novo esta agrupación. Para iso, contan coa axuda doutros ex-membros desa banda e de músicos retirados doutras formacións. Así, da man de Gregorio Mosteiro, a nova formación debuta nese mesmo mes na parroquia silledense de Dornelas, comezando unha longa lista de actuacións que a levará incluso a saír fóra de terras galegas e a gañar unha gran popularidade nas verbenas do Deza.

En novembro do ano 2012, a agrupación gravou o seu primeiro traballo discográfico, logo de tres anos de vida. Ademais, tamén actou no programa Luar da CRTVG en marzo do 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]