Saltar ao contido

Pero de Bardia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPero de Bardia
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

Pero de Bardia ou Berdia foi un xograr galego do século XIII.[1] Compositor de lírica galego-portuguesa.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pola colocación nos cancioneros, dentro dos denominados xograres galegos, dedúcese que era un xograr galego. Polo sobrenome crese que procede da parroquia de Berdía, pertencente ao municipio de Santiago de Compostela. A súa actividade poética puido darse na segunda metade do século XIII ou a inicios do século XIV.[3] En varias das súas composicións fai referencia á ermida de Santa Marta, existe unha capela dedicada a esta santa en Santiago de Compostela, con todo o profesor Xosé Antonio Souto Cabo, descarta que sexa a mesma a que cantáballe o xograr, xa que nesa época formaba parte dunha leprosería para mulleres.[1]

Consérvanse cinco cantigas de amigo, a maioría pertencentes ao subxénero das cantigas de romaría.[4]

  1. 1,0 1,1 "Pero de Berdia". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  2. González Seoane, Álvarez de la Granja e Boullón Agrelo (2006), p. 143
  3. "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  4. "Pero de Berdia - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 24 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Dicionario de dicionarios do galego medieval. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497507738.