Santiago de Compostela Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago de Compostela
NomeSantiago de Compostela Club de Fútbol
Fundación2005
EstadioSanta Isabel,
Santiago de Compostela, Galicia Galicia
PresidenteGalicia Antonio Álvarez Ferreiro
AdestradorGalicia Tono Ínsua
LigaNon compite
2011-1217º
PatrocinadorGerlo (máquinas expendedoras)[1][2]
Titular
Alternativo

O Santiago de Compostela Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2005 en Santiago de Compostela, e un dos dous principais da cidade. Na actualidade non conta con equipo sénior, só fútbol base.

Historia[editar | editar a fonte]

Ten as súas orixes no equipo do CD Santiago Sar, que naceu en 2004 de dous equipos locais, o Rosalía e o AD Colexiata do Sar. Foi o Santiago Sar quen conseguiu o ascenso en 2004-05 á Preferente, categoría onde se mantivo o seu sucesor o Santiago de Compostela ata a tempada 2011-12. Na tempada 2012-13 o club deixa de participar en categoría sénior e mantén só equipos nas categorías inferiores, salientando nesa tempada a participación do equipo xuvenil na División de Honra.

Tempada a tempada[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2005/06 Preferente 11º
2006/07 Preferente 11º
2007/08 Preferente 13º
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente
2011/12 Preferente 17º

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [Ligazón morta Fotografías d partido Santiago de Compostela FC vs SD Dubra][Ligazón morta], Web da SD Dubra
  2. "El Santiago comienza el curso goleando en casa". El Correo Gallego. 30/8/2010. Arquivado dende o orixinal o 30/08/2010. Consultado o 30/08/2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]