Mendizorrotza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°50′05″N 2°41′20″O / 42.83472, -2.68889

Vista aérea de Mendizorrotza.

Mendizorrotza é un barrio da cidade de Vitoria, no País Vasco. A súa poboación en 2010 era de 4.799 habitantes.[1]

A súa tradución aproximada do éuscaro sería a de «monte afiado» ou «o pico do monte». Coñécese tamén como El Batán, polo río homónimo que pasa polo barrio. A súa arteria principal é a rúa Salbaterrabide (camiño de Salvatierra).

Nel atópanse o palacio de Ajuria Enea, residencia oficial do lehendakari do Goberno Vasco, e o estadio de Mendizorrotza, onde xoga os seus partidos o Deportivo Alavés. Outros lugares e edificios destacados son os montes Mendizabala e Mendizorrotza, o instituto Mendizabala e a escola oficial de idiomas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concello de Vitoria (ed.). "Datos do barrio de Mendizorrotza". Consultado o 10 de agosto de 2011.