Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Deportiva Colexiata do Sar |
---|
|
A Asociación Deportiva Colexiata do Sar foi un equipo de fútbol de Santiago de Compostela, xa desaparecido.
A Asociación Deportiva Colexiata do Sar fundouse en 1996, no barrio e parroquia de Sar. O seu terreo de xogo era o campo de Sar. Disputou oito tempadas completas, ata que se fusionou en 2004 co Rosalía CF, co que se pasou a chamar Club Deportivo Santiago Sar, que un ano máis tarde se refundou como Santiago de Compostela Club de Fútbol.