Ophiuchus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ofiúco")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ophiuchus
Ophiuchus
Nome latino Ophiuchus
Abreviatura Oph
Xenitivo Ophiuchi
Simboloxía O portador da serpe
Ascensión recta 17 h
Declinación
Área 948 graos cadrados

Rango 11

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante α Oph (Ras Alhague)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros
  • Ophiuchidas
  • Ophiuchidas do Note de Maio
  • Ophiuchidas do Sur de Maio
  • Theta Ophiuchidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +80° e −80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo

Ophiuchus, en galego Ofiúco,[1] ou Serpentario[2] é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Tolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.

Ó norte de Ofiúco atopase Hércules, o suroeste Saxitario e ó sueste Escorpio (Scorpius); ó leste atopase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[4] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.

En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de oxixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[5]

En aproximadamente 40 000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Debuxo de Johannes Kepler dando a localización da stella nova no pé de Ophiuchus.

Esta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Tolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.

O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez o 9 de outubro de 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pé de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebater o dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.

Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista até o ano 1987 (ver Supernova 1987a.)

Unha estrela, e un dos seus planetas, en galego[editar | editar a fonte]

Desde o 17 de decembro de 2019, unha estrela anana amarela desta constelación, de magnitude relativa 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros, semellante ao noso Sol e situada a 240 anos luz, até o de agora coñecida como HD 149143, leva o nome de Rosalía de Castro, e un planeta asociado a ela, o HD 149143 b, descuberto en 2005, pasa a denominarse Río Sar.

Estes nomes foron os claros vencedores da votación en Internet para elixir o nome dunha estrela e un su planeta, dentro do proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu centenario. Baixo o nome de NameExoWorlds asignouse a cada país, máis de 110 en total, un sistema formado por unha estrela e un planeta que a orbita para que se lle deran nomes mediante a participación cidadá. No caso de España votouse entre unha ducia de propostas; a proposta galega, impulsada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, gañou cun total de 34 179 votos, o 39 % do total.[7][8][9]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega Ofiúco correspóndese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenvolveu tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por isto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Non obstante, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ofiúco no Portal das Palabras. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. Star 'soon to become supernova'. BBC News, 23 de xullo de 2006
  4. PhysOrg.com, ed. (13 de xaneiro de 2006). "Huge 'Superbubble' of Gas Blowing Out of Milky Way". Consultado o 4 de xullo de 2008. 
  5. Molecular Oxygen Detected For The First Time In The Interstellar Medium
  6. Voyager - Mission - Interstellar Mission
  7. R. Romar (17 de decembro de 2019). "La estrella Rosalía de Castro ya brilla en el cielo". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  8. Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  9. Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias