Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Casa das Ciencias, onde ten a súa sede a agrupación.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é unha asociación cultural e sociedade científica sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o fomento da afección, estudo, investigación e divulgación da astronomía.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación, obxectivos e características[editar | editar a fonte]

Fundada en 2002, a agrupación ten a súa sede na Casa das Ciencias da Coruña.[1]

Xurdiu como froito da inquietude dun grupo de afeccionados á astronomía cun obxectivo claro: gozar e conseguir que outros gocen coa paixón polas noites estreladas e a ciencia da astronomía. Desde a súa creación foi medrando, desde os trece socios fundadores, até os máis de oitenta membros en 2019.[1]

Trátase dun grupo aberto, no que calquera pode participar: non fan falta coñecementos previos, nin telescopio, nin ningunha titulación, só paixón pola astronomía e ganas de saír a observar un bo ceo estrelado.[1]

Estrela Rosalía de Castro e planeta Río Sar[editar | editar a fonte]

A súa iniciativa de nomear a estrela HD 149143 da constelación Ofiúco, e o planeta HD 149143 b asociado a ela, conseguiu que se lle desen os nomes de Rosalía de Castro e Río Sar, respectivamente.[2][3][4]

Congreso Estatal de Astronomía 2020[editar | editar a fonte]

A Agrupación logrou que A Coruña sexa en 2020 a sede do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. Nunha votación conseguiu o 90 % dos votos; das 39 entidades que se deron cita na edición do encontro, en Cuenca, 35 apoiaron a candidatura da cidade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Facebook.
  2. R. Romar (17 de decembro de 2019). "La estrella Rosalía de Castro ya brilla en el cielo". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  3. Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  4. Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  5. Fernández, Ángela (4 de novembro de 2018). "La Agrupación Ío logra que A Coruña sea la sede del Congreso Estatal de Astronomía". La Opinión A Coruña. Consultado o 18 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]