Fidel Fernán Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fidel Fernán Bello
Nacemento25 de abril de 1954
 Cospeito
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Xesús Fidel Fernán Bello, máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É titulado en Dereito, Procurador dos Tribunais, Experto universitario en Bioética e Biodereito (UNED) e Mediador Civil e Mercantil, Social e Comunitario. Vinculouse desde moi novo ao mundo da comunicación. Primeiro na Cadena SER en Madrid (1974), e máis tarde xa en Radio Lugo (1979). A mediados da década dos 80, presentou o magazine Telegalicia, en TVE. Tamén traballou en TVE Internacional, co espazo Mar a Mar (1990).

A estadía en TVE foi paralela á súa presenza en RNE-4, co magazine Hoxe en Día. En 1991 promoveu as emisoras de Radio Principal en Monforte de Lemos e Vilalba, actualmente vinculadas á SER. Catro anos despois fundou TV7 Sur, televisión con cobertura no sur da provincia de Lugo.

Xa na década de 1990, presentou varios programas na TVG, como Viva o Domingo, Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade ou Cousa Cousiña.

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio Anduriña polo programa Galeguidade (1995)
  • Premio TP ao mellor programa por Arestora (1989)
  • Premio TP español á creatividade pola mascota Pupo de Arestora (1989)
  • Premio TP ao mellor presentador galego de televisión (1988 e 1989)
  • Premio Tertulia de RNE ao mellor programa de televisión por Telegalicia (1987)

Vida privada[editar | editar a fonte]

É irmán do poeta Miguel Anxo Fernán-Vello.