Saltar ao contido

Tamara Canosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTamara Canosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1983 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, xestora cultural, Directora teatral, produtor de teatro Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1617523 Facebook: Tamara-Canosa-1611747482396138 Twitter: tcanosa BNE: XX4792719 Editar o valor en Wikidata

Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1983,[1] é unha actriz e directora de teatro[2] galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou na pequena pantalla en series e telefilmes autonómicos a finais dos anos 90, con papeis de adolescente. Así, encarnou a Laura na serie Mareas vivas, dos capítulos 54 ao 150. Fixo roles secundarios en diversas producións, o que lle abriu as portas ao debut cinematográfico da man de Gerardo Herrero en Heroína.

Outro papel importante foi coma secundaria na serie da TVG Valderrei, con 95 episodios. Dende o 2005 combina papeis televisivos en series coa interpretación na grande pantalla, en curtas como Bechos Raros ou Juan Marante, e a participación no filme Pradolongo, que protagonizou xunto con Rubén Riós e Roberto Porto. O seu traballo nesta película valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista do ano 2008. No 2012 volveu á gran pantalla con Ignacio Vilar no filme Vilamor.

En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Obras teatrais

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Mellor interpretación feminina secundariaValderreiFinalista
2008Mellor interpretación feminina protagonistaPradolongoGañadora
2016Mellor interpretación feminina secundariaHospital RealFinalista
2018Mellor interpretación feminina secundariaTroteFinalista
AnoCategoríaObraResultado
2020Mellor dirección e mellor adaptaciónLibertoFinalista
  1. CulturaGalega.gal (ed.). "Tamara Canosa en AVG". Consultado o 27 de febreiro de 2019.
  2. "Marelas Teatro estréase con 'Liberto'". Cultura Galega. 4 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]