Saltar ao contido

Trote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trote
 Título
Trote Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
 Editor/a de cine
Publicación
 Data de publicación
14 de decembro de 2018 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Recadación
8.436,95 € Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 23 minutos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt7534342 Filmaffinity: 606078 Rottentomatoes: m/trot Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Trote é un filme galego de 2018 dirixido por Xacio Baño, sendo a súa primeira longametraxe. O filme conta o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2018.

A acción transcorre durante a fin de semana da rapa das bestas, mentres a aldea comeza a preparar os festexos. Carme é unha muller da aldea que vive a carón do seu pai, Ramón, e da súa nai doente. A comunicación co seu pai é case inexistente. O seu traballo, nunha panadaría, e a súa vida nun ambiente afogador fan que medre a necesidade de fuxir, mais as súas circunstancias nunca llo permitiron. Por outra banda, o seu irmán máis vello Luís volve a casa por uns días na compaña da súa parella María.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Recibiu 14 nomeamentos en 13 categorías nos Premios Mestre Mateo de 2018, gañando finalmente cinco.[1]

2020 17ª edición dos Premios Mestre Mateo[1] Mellor filme Xacio Baño Nomeado
Mellor director Xacio Baño Nomeado
Mellor actriz María Vázquez Gañadora
Mellor actor secundario Federico Pérez Gañador
Mellor actor secundario Celso Bugallo Nomeado
Mellor actriz secundaria Melania Cruz Gañadora
Mellor guión Xacio Baño e Diego Ameixeiras Gañadores
Mellor dirección de produción Xabier Eirís Nomeado
Mellor dirección artística María Lolo Nomeada
Mellor montaxe Álvaro Gago Nomeado
Mellor son Miguel Seixo Nomeado
Mellor fotografía Lucía Catoira Pan Gañadora
Mellor maquixalle e peiteado Marian Simón Nomeada
Mellor deseño de vestiario Renata Uzal Nomeada
  1. 1,0 1,1 "Palmarés dos XVII Premios Mestre Mateo" (PDF). Academia Galega do Audiovisual. 4 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]