Saltar ao contido

Compañeros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Compañeros
FormatoAventuras e drama social
IntérpretesBeatriz Carvajal
Miguel Rellán
María Garralón
Pepo Oliva
Manuel Feijóo
Tina Sainz
Francis Lorenzo
Lola Baldrich
Eva Santolaria
Antonio Hortelano
Julián González
Elena de Frutos
Virginia Rodríguez
Begoña Maestre
David Janer
Raúl Arévalo
Mercè Pons
Ana Otero
Ramón Barea
Lara de Miguel
Alba Alonso
Concha Velasco
Jorge Bosch
Enrique Arce
Cristina Peña
Duna Jové
Pilar Bayona
Daniel Retuerta
Fernando Cuesta
Juan José Ballesta
Olga Molina
Álvaro Monje
Miguel Ángel Muñoz
Ruth Núñez
Armando del Río
Alejandro Sigüenza
Pablo Vega
Antonio Zabálburu
Miguel Zarzo
Estrella Zapatero
María Vázquez
País de orixeEspaña España
Episodios121
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Alfonso Mardones
Duración65 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3
Primeiro episodio25 de marzo de 1998
Derradeiro episodio16 de xullo de 2002
Na rede
IMDB: tt0124938 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Compañeros é unha serie de televisión producida por Globomedia que supuxo durante case 5 anos unha referencia da televisión española, emitida por Antena 3 desde o 25 de marzo de 1998 ata o 16 de xullo de 2002.

A pesar duns inicios algo preocupantes porque a audiencia non era todo o alta que se esperaba, na segunda tempada e coincidindo co cambio de Concha Velasco por Beatriz Carvajal a serie foi subindo lentamente en número de espectadores. Con todo, non foi ata a 3ª tempada cando se converteu na serie máis vista xunto a Médico de familia, Periodistas (ambas de Globomedia) e Manos a la obra, tamén de Antena 3.

A partir de aí o fenómeno fan foi crecendo cada vez máis, publicándose un libro e rodándose unha película (No te fallaré) dirixida por Manuel Ríos San Martín cos mesmos personaxes, que foi un dos éxitos do ano 2001.

A cuadrilla encabezada por Valle e Quimi (Eva Santolaria e Antonio Hortelano) gravou 95 capítulos de aventuras e drama social mesturado con comedia e sempre acompañados por actores como Miguel Rellán, María Garralón, Beatriz Carvajal, Tina Sáinz ou Francis Lorenzo, entre outros.

Por todo isto, Compañeros converteuse nunha serie familiar, non só unha serie orientada ao público xuvenil, chegando a ter máis de 6 500 000 espectadores no capítulo 53, o máis visto, no que secuestraban o colexio. A emisión deste episodio coincidiu casualmente coa entrega do Premio Ondas 1999 que recibiu a serie e serviu para dar a coñecer a algúns dos personaxes doutra serie de Antena 3, Policías, en el corazón de la calle, que se estrearía pouco despois.

A cuadrilla terminou o colexio como era natural e tívose que buscar a uns novos mozos que protagonizasen a serie. Tras un larguísimo casting apareceron David Janer e Begoña Maestre como cabezas da nova cuadrilla (Martín e Duna). A nova cuadrilla sobreviviu 26 capítulos aínda que os índices de audiencia baixaron a segunda tempada ao enfrontarse a Operación Triunfo, que acaparou grandes cotas de pantalla.

Antena 3 e Globomedia decidiron terminar a serie en xullo de 2002 (no episodio 121) cuns últimos capítulos nos que se narraba a morte do personaxe de Beatriz Carvajal, Marisa, que alcanzaron unha media de 22,5% de share.

Repartimento

[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Capítulos Espectadores Share
Primeira 1-12 3 252 000 21,7%
Segunda 13-26 3 912 000 23,3%
Terceira 27-41 4 210 000 25,5%
Cuarta 42-55 4 697 000 28,9%
Quinta 56-68 3 964 000 23,8%
Sexta 69-81 5 057 000 31,2%
Sétima 82-93 4 100 000 27,9%
Oitava 94-107 3 852 000 24,9%
Novena 108-121 2 709 000 18,0%

1999

2000

  • Premio TP de Ouro á Mellor serie nacional.
  • Nomeamento ao TP de Ouro á Mellor actriz (Eva Santolaria).
  • Nomeamento ao Premio da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión ao Mellor programa de ficción.

2001

  • Premio TP de Ouro á Mellor serie nacional.
  • Premio TP de Ouro á Mellor actriz (Eva Santolaria).
  • Nomeamento ao Premio da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión á Mellor interpretación feminina (Tina Sáinz).

2002

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]