Ricardo Llovo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1965 Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema |
Ricardo José Llovo Otero, nado en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1965, é un guionista, realizador e director galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1989 incorpórase á TVG como parte do equipo de realización e ten traballado para programas tan coñecidos como o Xabarín Club. Esta faceta televisiva combínaa con traballos en cine desde comezos dos noventa. Ten realizado e dirixido curtametraxes de ficción, documentais e mesmo unha longa en formato vídeo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director
[editar | editar a fonte]- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos
- Televapor
- Xinetes da tormenta
- Muxía, política na costa da Morte
- Pataghorobí
- Outro máis
Guionista
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ricardo Llovo na IMDb (en inglés)