Isabel Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabel Risco
Actuando na gala de entrega dos Premios María Casares do 2014.
Nacemento7 de abril de 1975 (48 anos)
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade da Coruña
Profesiónactriz
Na rede
http://isabelrisco.eu/
IMDB: nm2383251 Facebook: isabel.risco Instagram: is_a_bell_risco Youtube: UC5Kfxt9P_Qm1ghv28RbwMDw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, máis coñecida como Isabel Risco,[1] nada na Coruña o 7 de abril de 1975,[2] é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduada en Pedagoxía Teatral (2005), comezou no teatro universitario en 1997. Foi presentadora de galas, contadora de contos e traballou na radio.

Realizou varios traballos na TVG e participou nos programas Land Róber, Air Galicia, O show dos Tonechos e Ata a cociña, e nas series Padre Casares, A vida por diante, O Nordés, Era visto!, Caseiros, Augas Quentes e Casa Manola.

En cine traballou en Onde está a felicidade?, Os mortos van á présa, na curtametraxe Tourettes e no documental Koruño, legado de Hércules.

No teatro actúa en Bravas. A nosa historia con saias e a rachar.[3]

É neta de Sebastián Martínez-Risco.

Política[editar | editar a fonte]

Actuando con Marián Bañobre na gala de entrega dos Premios María Casares no 2014.

Participou co Bloque Nacionalista Galego, aparecendo nas listas da formación nacionalista para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[4]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo
Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actriz de repartimento Era visto! Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha AVG, Consello da Cultura Galega
  2. "Isabel Risco: “Os galegos posuímos no humor outra grande riqueza”". Noticias de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  3. Montenegro, Gloria. "Isabel Risco: "A historia das mulleres galegas está soterrada"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-20. 
  4. "A actriz Isabel Risco na lista do BNG". La Voz de Galicia. 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]