Inés, Eva e Carmen traballan nunha axencia de detectives en Madrid. Inés (María Vázquez), infiltrada entre os empregados dunha compañía multinacional, investiga a Manuel (Diego Martín), un directivo da empresa. A investigación colócaa ante un dilema ético.
Eva (Najwa Nimri), que acaba de reincorporarse á axencia logo dunha baixa maternal, descobre que a súa parella Iñaki (Tristán Ulloa) lle oculta algo importante. Carmen (Nuria González), a máis experimentada das tres e cun gris matrimonio, observa e grava o naufraxio conxugal de Sergio (Antonio de la Torre). Desde a axencia de Valbuena, para quen traballan, estas tres profesionais da vixilancia traspasan con frecuencia as fronteiras da intimidade allea, pero ninguén lles preparou para enfrontarse ós seus propios segredos.