Llívia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Llivia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Llívia
Escudo de Llívia.svg
LliviaGeneral.jpg
Llívia
Localización
Localización de Llívia na comarca da Baixa Cerdanya
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaXirona
ComarcaBaixa Cerdanya
Xeografía
Altitude1.224 msnm
Superficie12,93 km²
Demografía
Poboación1.665 hab. (2011)
Densidade128,77 hab/km²
XentilicioLlivienc/a
Outros datos
Código postal17527
AlcaldeSilvia Orriols Palmero (CiU)
www.llivia.org

Coordenadas: 42°27′53″N 01°59′00″L / 42.46472, -1.98333

O Val da Cerdaña con Llivia ao fondo.

Llívia é un concello e enclave de Cataluña en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.

A lingua tradicional da localidade é o catalán.

Historia[editar | editar a fonte]

A singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España lle cedeu a Francia as 33 poboacións das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.

Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da guerra civil española, as autoridades do bando nacional pedíronlles ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localidades do Municipio de Llívia
Localidade Poboación (2007)
Cereja 26
Gorguja 23
diseminados 22
Llívia 1.317
Total 1.388

A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.

Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-des-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.

No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.

Demografía[editar | editar a fonte]

A súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².

Demografía histórica do Municipio de Llívia
Ano Poboación
1900 941
1930 743
1950 755
1970 856
2007 1388

Principais actividades[editar | editar a fonte]

  • Festcat. Escola da festa. Celébrase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participan destacados artistas e tertulianos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]