Saltar ao contido

Geffen Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geffen Records
Logo
AcrónimoGeffen
Tiposelo discográfico
Data de fundación1980
Fundador(es)David Geffen
Organización matrizUniversal Music Group
SedeSanta Monica
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.geffen.com
IBDB: 20343
Twitter: GeffenRecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Geffen Records é un selo discográfico estadounidense, propiedade de Universal Music Group, e operado como un terzo do grupo de selos de Universal Interscope-Geffen-A&M.

Geffen Records fundouna en 1980 o industrial do mundo da música David Geffen quen, a principios dos 70, xa fundara Asylum Records. Geffen renunciou a Asylum en 1975, cando foi nomeado vicepresidente de Warner Brothers Pictures. Foi despedido de Warner sobre o ano 1978, pero estivo bloqueado por un contrato que lle impedía traballar durante 5 anos noutro lugar. David volveu traballar en 1980 e chegou a un acordo con Warner Bros. Records para crear Geffen Records. Warner proporcionou o 100% dos fondos para as operacións do selo e para a distribución das súas edicións nos Estados Unidos, Canadá e o Reino Unido (CBS/Epic Records encargouse da distribución no resto do mundo ata 1985, cando Warner Bros. tamén se encargou desas zonas). Porén, no Reino Unido o selo cambiou a distribución de Warner Bros. a CBS en 1981. Os beneficios foron compartidos ao 50% entre Geffen e os seus respectivos distribuidores.

O primeiro artista en asinar con Geffen Records foi Donna Summer, sendo o seu álbum The Wanderer a primeira edición do selo en 1980. A este disco seguiulle Double Fantasy de John Lennon e Yoko Ono, o primeiro traballo de Lennon dende 1975. Dúas semanas despois de que entrase nas listas Lennon foi asasinado en Nova York. Posteriormente o álbum chegou a vender millóns de copias, dándolle a Geffen o seu primeiro sinxelo e álbum número 1.

A medida que avanzaban os anos 80, Geffen tería éxito con artistas como Quarterflash, Oxo, Asia, Wang Chung, Kylie Minogue e Sammy Hagar. Mentres tanto, o selo continuou asinando cun feixe de iconas da música xa establecidos, como Elton John, Irene Cara, Cher, Don Henley, Joni Mitchell, Neil Young, Peter Gabriel, Jennifer Holliday e Sonic Youth. Cara ao final da década, a compañía tamén comezou a facerse un nome como selo de rock, grazas ao éxito de Whitesnake, Guns N' Roses, Tesla e o regreso ao grande público da banda dos 70 Aerosmith. Isto levou a Geffen a crear un selo subsidiario, bautizado como DGC Records, no ano 1990, centrado e son máis progresivos (xunto con algúns grupos de heavy metal) e que posteriormente abrazou a popularización do rock alternativo. Geffen tamén se encargou da distribución da primeira encarnación de Def American Recordings a través de Warner Bros. de 1988 ata 1990.

Adquisición por parte de MCA

[editar | editar a fonte]

Despois dunha década operando a través de Warner, cando o seu contrato coa compañía rematou, o selo foi vendido a MCA Music Entertainment (posteriormente rebautizada como Universal Music Group) en 1990. O acordo fixo que David Geffen gañase ao redor de 800 millóns de dólares en accións e un contrato de traballo que duraba ata 1995. Despois da venda, Geffen Records operou como un dos principais selos administrados independentemente de MCA. Geffen dimitiu como xefe do selo en 1995 e colaborou con Jeffrey Katzenberg e Steven Spielberg para formar DreamWorks SKG, un ambicioso imperio multimedia adicado a cine, televisión, libros e música. Geffen Records distribuiría edicións do selo DreamWorks Records, subsidiaria da nova empresa.

Interscope-Geffen-A&M

[editar | editar a fonte]

Universal Music Group adquiriu PolyGram en 1999, dando como resultado unha reorganización dos selos da corporación. Geffen Records, xunto con A&M Records, fusionouse posteriormente con Interscope Records. A pesar de que Geffen continuaría existindo como marca, foi reducida para encaixar na maior expansión de Interscope (que tamén se encargou da distribución de DreamWorks Records). Ao mesmo tempo, a distribución internacional das edicións de Interscope e Geffen pasou a un ex-selo de PolyGram, Polydor Records, que xa se encargara de distribuír a A&M no estranxeiro (a cambio de que A&M se encargase das edicións de Polydor nos Estados Unidos).

De cara ao ano 2000, a pesar de que Geffen Records xa non operaba de xeiro independente en UMG e tomou unha posicións máis submisa tras Interscope, continuou facendo negocios de forma estable ata que no ano 2003 UMG incorporou MCA Records a Geffen. Aínda que Geffen tiña sido principalmente un selo de pop-rock, a súa absorción de MCA (e todo o seu catálogo) fixo que agora o selo tivese unha maior diversidade musical incorporando a artistas como Mary J. Blige, The Roots, Blink-182 ou Common. Mentres tanto, DreamWorks Records tamén foi incorporada, traendo a Nelly Furtado, Lifehouse ou Rufus Wainwright a Geffen. DGC Records tamén sería absorbida en 2003, pero reestableceuse en 2007.

A absorción por parte de Geffen de MCA e DreamWorks, xunto coa continua incorporación de novos artistas como Ashlee Simpson, Angels & Airwaves, Snoop Dogg e The Game, impulsou á compañía ata o punto de igualarse a Interescope, levando a algúns expertos da industria a especular que podería volver a funcionar independentemente como parte de UMG novamente. De cara finais do 2007, porén, Geffen foi absorbida por Interscope.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]