Lista de composicións de Gustav Mahler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustav Mahler retratado por Moritz Nähr en 1907.

As composicións musicais de Gustav Mahler (1860–1911) abranguen case exclusivamente os xéneros de canción e sinfonía. Nos seus anos xuvenís tentou escribir ópera e traballos instrumentais; todo que sobrevive musicalmente daquel tempo é un movemento dun Cuarteto de Piano datado entre 1876–78. Desde 1880 en adiante o traballo de Mahler como director de orquestra profesional e os compromisos teatrais limitan a súa actividade como compositor.[1] Emporiso, nos seguintes 30 anos produciu nove sinfonías completas e esbozos dunha décima, varios ciclos orquestrais de cancións e moitas outras cancións con acompañamento de piano ou orquestral. As súas sinfonías están escritas xeralmente nunha escala expansiva, requiren un gran número de efectivos na orquestra, e encóntranse entre as máis longas do repertorio de concerto.

Resumo cronolóxico de traballos completados[editar | editar a fonte]

Traballos temperáns[editar | editar a fonte]

  • 1876: Cuarteto de Piano en La menor
  • 1878–80: Das klagende Lied
  • 1880: Tres Lieder: "Im Lenz"; "Winterlied"; "Maitanz im Grünen"
  • 1880–83: Lieder und Gesänge Vol. I (cinco cancións)
  • 1885–86: Lieder eines fahrenden Gesellen (catro cancións)
  • 1884: Der Trompeter von Säckingen (perdido)

Período Wunderhorn[editar | editar a fonte]

Período medio[editar | editar a fonte]

Traballos tardíos[editar | editar a fonte]

Lista de traballos[editar | editar a fonte]

Sinfonías[editar | editar a fonte]

Obra Nome Tonalidade Datas de Composición Ano e Lugar de Estrea Movementos / Partes Instrumentación Duración
Sinfonía n.º 1 Titán Re Maior 1884-1888 1893, Hamburgo (co nome "Titán") 4 Madeiras: 4 Frautas (terceira e cuarta dobradas por frautins). 4 óboes (terceiro dobrado por Corno Inglés). 4 Clarinetes (terceiro dobrado por Clarinete Baixo). 3 Fagots (Contrafagots). /// Metais: 7 Trompas. 4 Trompetas. 3 Trombóns. Tuba /// Percusión: 3 Timbais de concerto. Platillos. Tam-tam. Triángulo. Bombo. /// Cordas: Arpa. 2 seccions de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. 55-60 minutos aprox.
Sinfonía n.º 2 Resurrección Dó menor 1888-1894 13 de decembro de 1895, Berlín (obra completa) 5 Madeiras: 4 Frautas (dobradas por catro frautins). 4 óboes (terceiro e cuarto dobrados por Cornos ingléses). 3 Clarinetes (terceiro dobrado por Clarinete baixo; con opción para dous clarinetes en Mi bemol). 4 Fagots (terceiro e cuarto dobrados por Contrafagots). /// Metais: 10 Trompas (catro, sete ou dez fora do escenario). 8-10 Trompetas (catro a seis fora do escenario). 4 Trombóns. Tuba. /// Percusión: 8 Timbais de concerto. (Varias) Caixas redobrantes. Bombo. Platillos. Triángulo. Lira. 3 Campás (ou tubos afinados de aceiro) 1 Tam-tam. 1 Gong. No último Movemento ("fora do escenario"): Bombo, Platillos, xunto con Triángulo e Timbais. /// Teclado: Órgano. /// Cordas ("a maior cantidade posible"): 2 Arpas. 2 seccions de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. /// Voces: Contralto, Soprano, Coro. 85-95 minutos aprox.
Sinfonía n.º 3 Re menor 1893-1896 xuño de 1902, Krefeld (obra completa) 6 Madeiras: 4 Frautas (primeira, terceira e cuarta, dobradas con dous frautins). 4 frautins para Primeiro e Cuarto Movementos). 4 óboes (o cuarto dobrado por Corno Inglés). 3 Clarinetes.(o primeiro dobrado por Clarinete baixo; dous clarinetes en Mi bemol; dous adicionais en tonalidade distinta). 4 Fagots (o cuarto dobrado por Contrafagot). /// Metais: 8 Trompas. 4 Trompetas (dous ou máis reforzando con outras en Mi bemol). 4 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto (para dous executantes). Bombo. Caixa redobrante. Platillos. Pandeireta. Tam-tam. Triángulo. 2 Liras. /// "Na distancia": Pequena Trompa (Post Horn: utilizada tradicionalmente na caza; en ocasións substituída polo fliscorno, un híbrido entre trompeta e trompa de tamaño reducido). (Varias) Caixas redobrantes. /// "Nunha galería moi grande": Catro ou seis campás afinadas (ou Campás tubulares). Coro de mulleres. Coro de nenos. Cordas ("un moi largo complemento de cordas"): 2 Arpas. 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. Voces: Contralto. 95-100 minutos aprox.
Sinfonía n.º 4 Sol Mayor 1899-1900 25 de novembro de 1901, Múnic 4 Madeiras: 4 Frautas (primeira, terceira e cuarta dobradas por flautins 1 e 2). 3 óboes (terceiro dobrado por un Corno Inglés). 3 Clarinetes (o primeiro e segundo dobrados por un Clarinete en Mi bemol; o terceiro, dobrado por un Clarinete baixo). 3 Fagots (o terceiro dobra cun Contrafagot). /// Metais: 4 Trompas. 3 Trompetas. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. Platillos. Campanillas de trineo. Triángulo. Tam-tam. Lira. /// Cordas: Arpa. 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. /// Voces: Soprano. 55-60 minutos aproximadamente.
Sinfonía n.º 5 Dó díese menor 1901-1902 18 de outubro de 1904, Colonia 5 Madeiras: 4 Frautas (dobran á terceira e cuarta dous frautins). 3 óboes (o terceiro dobrado por Corno Inglés). 3 Clarinetes (terceiro dobrado por un Clarinete baixo). 3 Fagots (terceiro dobrado por Contrafagot). /// Metais: 6 Trompas. 4 Trompetas. 3 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. Caixa redobrante. Platillos. Triángulo. Tam-tam. Fusta-azote (Clapper, Whip). Lira. /// Cordas: Arpa. 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. 70-75 minutos aproximadamente.
Sinfonía n.º 6 Tráxica La menor 1903-1904 27 de maio de 1906, Essen 4 Madeiras: Frautín. 4 Frautas (frauta 1, 3 e 4 dobradas por flautins 1 e 2). 4 óboes (3 e 4 dobrados por Corno Inglés 1 e 2). 4 Clarinetes. 1 Clarinete baixo. 4 Fagots. Contrafagot. /// Metais: 8 Trompas. 6 Trompetas. 4 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto (catro para un e dous para outro executante). Bombo. Baquetas de escobilla. (Varias) Caixas redobrantes. Platillos ("algúns máis", en certa parte do cuarto movemento). Pandeireta. Tam-tam (ou Gong). Triángulo ("dous ou máis", para o primeiro movemento). Lira. Xilófono. 2 ou máis Campás "xuntalas con Campaniñas de pastoreo, nun sitio indeterminado ou fora de escenario". Martelos (densa bigornia de madeira, con mazo). /// Instrumentos de Teclado: Celesta ("dous ou máis, se fora posible"). /// Cordas: 2 Arpas ("varias máis, de ser posible" para o Andante. O compositor pide até "catro arpas" nun momento do Scherzo). 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. 80-85 minutos aprox.
Sinfonía n.º 7 A Canción da Noite Si menor 1904-1905 19 de setembro de 1908, Praga 5 Madeiras: Frautín. 4 Frautas (a cuarta dobrada por segundo Frautín). 3 óboes. Corno inglés. 4 Clarinetes. Clarinete baixo. 3 Fagots. Contrafagot. /// Metais: 4 Trompas. Trompa Tenor (normalmente substituído polo Eufonio ou Bombardino; unha Tuba tenor). 3 Trompetas. 3 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. Caixa (instrumento musical) redobrante. Platillos. Triángulo. Tam-tam. Campaniñas de pastoreo. Pandeireta. Baquetas de escobilla. Lira. Campás tubulares. Cordas: Mandolina. Guitarra. 2 Arpas. 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. 80 minutos aprox.
Sinfonía n.º 8 A dos Mil Mi Bemol Maior 1906-1907 12 de setembro de 1910 Múnic 2 Madeiras: (segundo o compositor, "dobrar a primeira fila é conveniente cando a masa coral e de cordas intervén"): 2 frautins (varios para unha parte). 4 Frautas. 4 óboes. Corno Inglés. 4 Clarinetes. Clarinete baixo. 4 Fagots. Contrafagot. /// Metais: 8 Trompas. 4 Trompetas. 4 Trombóns. Tuba. /// Instrumentos de Teclado: Celesta. Piano. Armonio. Órgano. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. 3 parellas de Platillos. Triángulo. Tam-tam. Campás tubulares. Lira. /// Instrumentos fora do escenario: 4 Trompetas (varias para unha parte). 3 Trombóns. /// Cordas ("gran cantidade"): 2 Arpas (varias para unha parte). Mandolina (varias para unha parte). 2 seccións de Violín. Violas. Violoncellos. Contrabaixos. /// Voces: 3 Soprano. 2 Contralto. Tenor. Barítono. Baixo. Coro de nenos. 2 Coros mixtos (homes e mulleres). 85 minutos aprox.
Sinfonía n.º 9 Re Maior 1908-1909 16 de xuño de 1912, no Festival de Viena 4 Madeiras: Frautín. 4 Frautas. 4 óboes (o cuarto dobrado por un Corno Inglés). 4 Clarinetes. Clarinete baixo. 4 Fagots (o cuarto dobrado por un Contrafagot). /// Metais: 4 Trompas. 3 Trompetas. 3 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. Caixa redobrante. Platillos. Triángulo. Tam-tam (ou Gong). 3 Campás. Lira. Cordas: 2 Arpas. 2 seccións de Violín. Violas . Violoncellos. Contrabaoxos. 80-85 minutos aprox.
Sinfonía n.º 10 Inconclusa Fa díese maior 1910 12 de outubro de 1924. Dirixido por Franz Schalk 5

(o primeiro movemento, Andante-Adagio, é o único terminado incluíndo a orquestración; o mesmo pode dicirse do episodio intermedio, Purgatorio)

Madeiras: Frautín. 4 Frautas. 4 óboes (o cuarto dobrado por un Corno Inglés). 4 Clarinetes. Clarinete baixo. 4 Fagots (o cuarto dobrado por un Contrafagot). /// Metais: 4 Trompas. 3 Trompetas. 3 Trombóns. Tuba. /// Percusión: Timbais de concerto. Bombo. Caixa redobrante. Platillos. Triángulo. Tam-tam (ou Gong). 3 Campás. Lira. Cordas: 2 Arpas. 2 seccións de Violín. Violas . Violoncellos. Contrabaixos. 70-75 minutos, nas versións segunda e terceira, na súa forma executable, realizadas polo musicólogo inglés Deryck Cooke.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cooke, p. 8