Sinfonía nº 4 (Mahler)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Sinfonía nº4 en sol maior de Gustav Mahler é unha obra musical composta polo compositor bohemio-austríaco.

Orixe[editar | editar a fonte]

Symphony No.4 by Gustav Mahler. Partitura

A obra foi composta en tres semanas, poñéndose punto final ó manuscrito o 6 de agosto do ano 1900. Sendo estreada polo director de orquestra Bruno Walter. A orixe desta sinfonía data no ano 1892, cando Mahler compuxo varias cancións para orquestra baseadas en textos extraídos da colección popular Des Knaben Wunderhorn. Esta colección fóra compilada polos poetas Arnim-Brentano e foron de gran influencia na obra de Mahler. Unha destas cancións Das himmlische Leben (A vida celestial) fóra seleccionada para ser incluída na terceira sinfonía, mais debido a súa extensión Mahler conformouna coma a súa cuarta sinfonía. Esta canción, inspiradora de toda a sinfonía, fóra composta en Hamburgo no 1898, e a súa ironía, sentido do humor e sinxeleza rural seduciran fondamente a Mahler.

Estilo[editar | editar a fonte]

En xeral esta sinfonía presenta unha visión da vida apracible e inxenua. Sendo común os tons pastorís e xoviais, fuxindo dos aspectos máis monumentais, serios e apocalípticos doutras sinfonías de Mahler (Coma exemplo: a segunda sinfonía caracterizábase pola súa temática relixiosa, e a terceira polo ambiente metafísico). Non obstante a coherencia coas tres primeiras sinfonías é total, xa que tamén hai momentos na obra no que se reflexiona sobre a vida trala morte. Outra característica senlleira da obra é a presenza do humor (tamén presente na canción orixinal). Isto dálle un certo aire de paradoxo ó texto, pola seriedade dalgúns dos versos do texto (a morte e paixón de Cristo ou a presenza de mártires coma Santa Úrsula). Este uso do humor non é anticlerical, nin pretende ser paródico ou ofensivo, senón que corresponde á concepción transcendental que do humor tiña Mahler.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A cuarta sinfonía é a que se asemella máis ó modelo clásico de sinfonía, tanto polo número coma pola disposición dos movementos. A orixinalidade radica na realización, execución e estilo da obra. Aínda que temporalmente é unha das primeiras sinfonías de Mahler, estilisticamente, esta xa é unha obra de madureza. Os catro movementos son:

Bedächtig. Nicht ellen. Rechtgemächlich[editar | editar a fonte]

O primeiro movemento foi titulado Die Welt als ewiger Jetzzeit (O mundo coma eterno presente).

In gemächlicher Bewegung[editar | editar a fonte]

O segundo movemento titulouse Freud Hein Spielt auf (O amigo Hein - a morte- chama á porta), é trátase dun scherzo. Este movemento contén unha danza macabra (Todtentanz) que conta con grandes doses de humor negro ou humor de cadafalso (termo designado en alemán pola palabra Galgenhumor). Neste movemento o instrumento central é o violín. Este é tocado cunha scordatura.

Autorretrato de Arnold Böcklin coa morte tocando o violín

É dicir, está afinado un ton máis alto do normal, aumentando a tensión das cordas e dándolle ó son un carácter máis estridente e sinistro.A intención de Mahler era imitar o estilo dos violíns dos músicos itinerantes. Ademais, diversos autores sinalan que Mahler puido inspirarse para este movemento na novela Der arme Spielmann (O pobre músico ambulante) de Franz Grillparzer ou no cadro de Arnold Böcklin titulado Autorretrato coa morte tocando o violín[1]. Non obstante tamén podemos atopar precedentes deste estilo sinistro no poema sinfónico de Camille Saint-Saëns, a Danse macabre. Nesta obra, coma no scherzo de Mahler emprégase o xilófono, coma o violín, símbolos musicais da morte.

A estrutura do movemento alterna os scherzo propiamente ditos (máis escuros e macabros) con tríos instrumentais, de carácter máis afable. Neste movemento dominan os instrumentos de aire (frautas, clarinetes, óboes e fagots).

Ruhevoll[editar | editar a fonte]

Este movemento (un adagio) é o máis lento e tranquilo. Creando unha atmosfera sonora apracible e idílica.

Sehr behaglich[editar | editar a fonte]

O cuarto movemento é o único que conta con presenza vocal (soprano). Aquí sitúase a canción que inspirou a totalidade da obra; e que dalgunha maneira, explica e xustifica os tres primeiros movementos completamente instrumentais. Este efecto chámase retrosentido: a obra esixe unha audición interior, para relacionar o que se escoita co que se escoitou. Este retrosentido vese na música instrumental do século XIX de Beethoven, coma por exemplo a obra coñecida coma A Tempestade (Sonata en Re menor para piano, nº17, opus 31/2). Outro exemplo sería o poema sinfónico de Richard Strauss Tod und Verklärung (Morte e transfiguración).

Letra do cuarto movemento[editar | editar a fonte]

Das himmlische Leben
(aus Des Knaben Wunderhorn)

Wir genießen die himmlischen Freuden,
D'rum tun wir das Irdische meiden.
Kein weltlich' Getümmel
Hört man nicht im Himmel!
Lebt alles in sanftester Ruh'.
Wir führen ein englisches Leben,
Sind dennoch ganz lustig daneben;
Wir tanzen und springen,
Wir hüpfen und singen,
Sankt Peter im Himmel sieht zu.

Johannes das Lämmlein auslasset,
Der Metzger Herodes d'rauf passet.
Wir führen ein geduldig's,
Unschuldig's, geduldig's,
Ein liebliches Lämmlein zu Tod.
Sankt Lucas den Ochsen tät schlachten
Ohn' einig's Bedenken und Achten.
Der Wein kost' kein Heller
Im himmlischen Keller;
Die Englein, die backen das Brot.

Gut' Kräuter von allerhand Arten,
Die wachsen im himmlischen Garten,
Gut' Spargel, Fisolen
Und was wir nur wollen.
Ganze Schüsseln voll sind uns bereit!
Gut' Äpfel, gut' Birn' und gut' Trauben;
Die Gärtner, die alles erlauben.
Willst Rehbock, willst Hasen,
Auf offener Straßen
Sie laufen herbei!

Sollt' ein Fasttag etwa kommen,
Alle Fische gleich mit Freuden angeschwommen!
Dort läuft schon Sankt Peter
Mit Netz und mit Köder
Zum himmlischen Weiher hinein.
Willst Karpfen, willst Hecht, willst Forellen,
Gut Stockfisch und frische Sardellen?
Sanct Lorenz hat müssen
Sein Leben einbüßen
Sankt Martha die Köchin muß sein.

Kein' Musik ist ja nicht auf Erden,
Die unsrer verglichen kann werden.
Elftausend Jungfrauen
Zu tanzen sich trauen.
Sankt Ursula selbst dazu lacht.
Kein' Musik ist ja nicht auf Erden,
Die unsrer verglichen kann werden.
Cäcilia mit ihren Verwandten
Sind treffliche Hofmusikanten!
Die englischen Stimmen
Ermuntern die Sinnen,
Daß alles für Freuden erwacht.

A vida celestial
(de Des Knaben Wunderhorn)

Gozamos dos praceres celestiais
e por tanto evitamos os praceres terreais.
O tumulto terreal
non se escoita no ceo.
Todos viven na paz absoluta.
Levamos vidas celestiais,
e aínda si temos momentos de diversión
Bailamos e brincamos
Saltamos e cantamos
San Pedro, dende o ceo, obsérvanos.

Xoán, o evanxelista permite ó año saír,
e Herodes, o carniceiro, vixíao.
Conducimos a un paciente,
un inocente, paciente,
querido año cara a súa morte.
San Lucas degola ó boi
sen ningunha dúbida ou arrepentimento
O viño non vale nada
nas adegas celestiais;
Os anxos cocen o pan.

Boas plantas nacen a esgalla,
medran no xardín celestial
bos espárragos, xudías verdes,
e calquera cousa que queiramos.
Todos os froitos son para nós!
Mazás, Peras e Uvas,
e uns xardineiros que todo permiten!
Se queres cervo ou lebre;
nas rúas,
eles veñen cara ti.

Se viña un día de xexún,
todos os peixes, ó momento, nadaban cara ti.
Alí vai, San Pedro correndo
coa súa rede e o seu anzol
ó lago celestial.[2]
Quere carpa, quere Lucio, quere troita ,
Bo bacallau e anchoas frescas?
San Lourenzo ten que
perder a súa vida
Santa Marta será a cociñeira.

Non hai música na terra
que se poida comparar coa nosa.
Incluso as once mil virxes
comezan a bailar,
e incluso Santa Úrsula comeza a rir.
Non hai música na terra
que se poida comparar coa nosa.
Santa Cecilia e todos os seus parentes
son músicos excelentes.
As voces anxelicais
divirten os nosos sentidos,
e todo esperta ó gozo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gustav Mahler, The Wunderhorn years. Chronicles and Commentaries. Autor Donald Mitchell, Ed. The Boyddell Press, 2005(en inglés)
  2. Mahler omitiu as seguintes catro liñas do poema orixinal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Com escoltar música: Unha História de la música en audicions. Joan Grimalt. Dux Editorial (en catalán)
  • Libreto Sinfonía Nº4 en Sol Maior por Gustav Mahler. Maestros de la Música, Planeta-Agostini 1989 (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]