Das Lied von der Erde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Das Lied von der Erde (A canción da Terra, en tradución literal ó galego) é o título dunha obra musical do compositor bohemio-austríaco Gustav Mahler.

Contexto[editar | editar a fonte]

Esta obra foi composta no verán do 1908 en Toblach, na rexión do Tirol. O autor acostumaba a pasar os veráns na montaña rodeado de natureza. A influencia da paisaxe dos Alpes Dolomitas foi unha das fontes de inspiración para a composición. A segunda influencia chegou da lectura do poemario Die chinesische Flöte (A frauta chinesa) traducido e adaptado do chinés ó alemán por Hans Bethge. Gustav Mahler escolleu seis dos poemas, adaptándoos e incorporando o acompañamento musical. Nesta obra, Mahler empregou unha orquestra sinfónica para musicar un texto máis achegado ós ciclos de cancións (Lieds) que ás grandes obras sinfónicas. Aínda que Mahler xa fusionara ambos xéneros, e nesta obra onde a simbiose é meirande.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A obra estruturase nas seguintes cancións:

  1. Das Trinklied vom Jammer der Erde (A canción para beber da miseria da Terra)
  2. Der Einsame im Herbst (O home solitario no outono)
  3. Von der Jugend (Da xuventude)
  4. Von der Schönheit (Da beleza)
  5. Der Trunkene im Früling (O borracho na primavera)
  6. Der Abschied (Despedida)

Todos os poemas orixinais foron escritos polo poeta chinés Li-Tai-Po, agás a segunda con autoría de Chang-Tsi e a sexta con autoría de Mong-Kao-Jen. Estes poemas describen a insignificancia do ser humano no mundo. E presentan un ser humano que acepta esta condición, refuxiándose no contacto íntimo coa natureza e no gozo moderado da vida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Libreto do CD: Gustav Mahler, Das Lied von der Erde. Version Schönberg-Riehn. Editado por Harmonia Mundi s.a, Mas de Vert, 13200 Arles, 1994 (en alemán).