Des Knaben Wunderhorn (Mahler)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustav Mahler baseouse no libro Des Knaben Wunderhorn para compoñer un ciclo de cancións propio e coma fonte de inspiración de varias das súas sinfonías.

Contexto[editar | editar a fonte]

Mahler recibiu dende neno o influxo da música popular. Esta serviulle de fonte de inspiración, non só na composición de lieds, senón tamén para a composicións das súas sinfonías. Mahler descubriu os poemas ó redor do 1887-1888, e influíron profundamente nas súas obras posteriores. En total Mahler compuxo un total de 46 cancións, 24 das cales baséanse en cancións homónimas do volume Des Knaben Wunderhorn. Nove delas foron musicadas para piano e quince para orquestra. A estas 24 cancións habería que engadir as catro cancións coñecidas coma Cancións do camiñante, compostas directamente polo propio Mahler, e sen relación directa co volume de poesía popular, mais claramente inspiradas na colección de poemas. Esta influencia foi tan profunda que marcou a primeira etapa creativa do compositor, coñecida coma os anos wunderhorn, e que van dende o 1888 ata 1901. Todos os traballos destes anos teñen máis ou menos relación co volume de Achim von Arnim e Clemens Brentano.

Ciclo Wunderhorn[editar | editar a fonte]

O chamado ciclo de cancións Wunderhorn dividiríase do seguinte xeito:

Lieder eines fahrenden gesellen[editar | editar a fonte]

É dicir Cancións do camiñante. Con textos orixinais de Mahler. Compostos en Kassel entre o 1883 e 1885, orquestrados no 1890 e revisados no intervalo 1891-1896. O ciclo foi publicado no 1897, en dúas versións: para piano e orquestra, e estreouse para orquestra no 1896.

Lugar Título Título en galego Anos Utilización
Kassel Wenn mein Schatz Hochzeit macht Cando o meu tesouro está na casa 1883-1885 Piano e orquestra
Kassel Ging heut' morgen übers Feld Pola mañá, de paso polos campos 1883-1885 Piano e orquestra
Kassel Ich hab' ein glühend Messer Teño un coitelo cortando 1883-1885 Piano e orquestra
Kassel Die zwei blauen Augen Os dos ollos azuis 1883-1885 Piano e orquestra

Lieder und Gesänge aus der Jugendzeit[editar | editar a fonte]

É dicir Cancións e cantos de xuventude. Escritos entre o 1880 e 1889. Foron publicadas en Mainz en tres volumes no 1892. Son cancións de estilo popular, pensadas para voz e piano. Luciano Berio editou as versións orquestrais no 1986 e 1987.

Lugar Título Título en galego Anos Utilización
Leipzig Um schlimme kinder artig zu machen Para facer ós nenos malos desfrutar 1888-1890 Piano
Leipzig Ich ging mit lust Funme co po 1888-1890 Piano
Leipzig Aus! Aus! Dende! Dende! 1888-1890 Piano
Leipzig Starke Einbildungskraft Poderosa imaxinación 1888-1890 Piano
Leipzig Zu strassburg auf der schanz Galego 1888-1890 Piano
Leipzig Ablösung im Sommer Indeferenza no verán 1888-1890 Piano. Empregado como terceiro movemento da 3ª Sinfonía
Leipzig Scheiden und Meiden Vaina e prudencia 1888-1890 Piano
Leipzig Nicht wiedersehen! Sen reunión 1888-1890 Piano
Leipzig Selbstgefüll Autoinspiración 1888-1890 Piano

Cancións Wunderhorn para orquestra[editar | editar a fonte]

Concibidas para voz e orquestra dende o primeiro momento. Aínda que o propio Mahler encargouse de publicar a versión para piano no 1899.

Lugar Título Título en galego Anos Utilización
Hamburgo Der Schildwache nachtlied A canción nocturna do sentinela 1892 Orquestra
Hamburgo Verlor'ne Müh' Esforzo perdido 1892 Orquestra
Hamburgo Wer hat dies Liedlein erdacht? ¿Quen fixo esta pequena canción? 1892 Orquestra
Hamburgo Trost im Unglück Consolo na desventura 1892 Orquestra
Hamburgo Das himmlische Leben Vida Celestial 1892 Orquestra. Inspirou a totalidade da cuarta sinfonía
Steinbach am Attersee Das Antonius von Padua Fischpredigt Sermón de Antonio de Pádua ós peixes 1893 Orquestra. Inspirou o Scherzo da segunda sinfonía
Steinbach am Attersee Rheinlegendchen Lenda do Rhin 1893 Orquestra
Steinbach am Attersee Das irdische leben A vida na terra 1893 Orquestra
Steinbach am Attersee Urlicht Luz primixenia 1893 Orquestra. Letra empregada no cuarto movemento da segunda sinfonía
Steinbach am Attersee Lob des hohen Verstands En loanza da grande intelixencia 1896 Orquestra
Viena Es sungen drei Engel Tres anxos cantan 1896, 1902 Orquestra
Viena Lied des Verfolgten in Turm Canción do prisioneiro da Torre 1898-1899 Orquestra
Viena Wo die schönen trompeten blasen Onde soan as trompetas fermosas 1898-1899 Orquestra
Viena Revelge A Diana 1898-1899 Orquestra
Maiernigg Der Tamboursg'sell O rapaz con tambor 1901 Orquestra.