Sinfonía nº 2 (Mahler)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinfonía nº 2

A Sinfonía nº 2 de Mahler foi composta entre os anos 1888 e 1894. A estrea da obra realizouse en decembro de 1895, pola orquestra filharmónica de Berlín.

Orixe[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1888 en Leipzig, Gustav Mahler comezou a composición dunha peza orquestral chamada Todtenfeier (Ritos funerarios). En maio dese mesmo ano, Mahler for designado como director da orquestra de Budapest e na súa nova estancia rematou a composición dos Todtenfeier. Cinco anos máis tarde, xa nomeado director da orquestra de Hamburgo, o compositor decatouse que os Todtenfeier non era unha peza independente, senón o primeiro movemento da súa segunda sinfonía. Nos anos 1893 e 1894 intensificouse o traballo na obra, dándoa por concluída o 28 de decembro de 1894. Posteriormente o propio autor fixo revisións menores da obra no 1909.

Estrutura[editar | editar a fonte]

En varias ocasións Mahler, deu explicacións sobre as motivacións e intencións da obra. O primeiro movemento representa a morte dun heroe e polo tanto presenta todo o carácter fúnebre dos orixinais Todtenfeier. O segundo e terceiro movementos son máis introspectivos e intimistas. Así o segundo ten un marcado carácter inocente e nostálxico, mentres que o terceiro inclúe certos aspectos grotescos. O cuarto e o quinto movemento son a resolución e afrontamento do último xuízo, redención e resurrección. Segundo o propio Mahler, os tres primeiros movementos son expositivos. Mentres que o cuarto e quinto conteñen os contidos máis importantes da obra.

Allegro Maestoso[editar | editar a fonte]

Tema da primeira parte do 2.º movemento.

Debido ó tempo compositivo tan longo, as diferenzas entre o primeiro e o último movemento (os máis longos) son substanciais. Así o primeiro ten unha estrutura de sonata clásica. O seu carácter corresponde a unha marcha e a elección de Mahler da nota C menor, probablemente alude ó exemplo clásico de marcha: a marcha fúnebre da Heroica de Beethoven.

Andante moderato[editar | editar a fonte]

O máis salientable deste movemento é a danza inicial e a presenza do violoncello. A composición é similar ós Todtenfeier orixinais.

In ruhig fliessender bewegung[editar | editar a fonte]

O terceiro movemento é a expresión sinfónica da canción contida en Des Knaben Wunderhorn, O Sermón de San Antonio de Pádua ós peixes. Trátase dun scherzo cun aire entre irónico e sardónico.

Urlicht: Sehr Feierlich, aber schlicht[editar | editar a fonte]

O cuarto movemento contén a canción Urlicht (contida na recompilación Des Knaben Wunderhorn), sendo unha das favoritas de Mahler. O poema ten carácter de himno, e presenta unha gran naturalidade e simplicidade. A métrica é flexible, centrándose en acadar unha prosodia clara e entendible. O acompañamento coral é complexo e imaxinativo.

Finale-Im tempo des scherzos...Chorus: Aufersteh'N[editar | editar a fonte]

Mahler desexaba un final vocal á sinfonía. Escolleu para tal fin as dúas primeiras estrofas do Himno Resurrección do poeta Saxón do século XVIII, Friedrich Gottlieb Klopstock. O autor coñeceu este poema, cantado por un coro no funeral do compositor e director Hans von Bulow, no 1894 en Hamburgo. Impresionado, engadiu ó orixinal varios estrofas propias que insistían aínda máis nas ideas de redención e resurrección. Do poema de Klopstock, saíu o nome de Resurrección, co que popularmente se coñece a segunda sinfonía de Mahler.

Letra do cuarto movemento[editar | editar a fonte]

Urlicht
(aus Des Knaben Wunderhorn)

O Röschen rot!
Der Mensch liegt in größter Not!
Der Mensch liegt in größter Pein!
Je lieber möcht' ich im Himmel sein.

Da kam ich auf einen breiten Weg:
Da kam ein Engelein und wollt’ mich abweisen.
Ach nein! Ich ließ mich nicht abweisen!

Ich bin von Gott und will wieder zu Gott!
Der liebe Gott wird mir ein Lichtchen geben,
Wird leuchten mir bis in das ewig selig Leben!

Luz primixenia
(de Des Knaben Wunderhorn)

Oh rosa vermella!
A humanidade está en gran perigo!
A humanidade vive en gran ansiedade!
Prefiro estar no ceo!

Atopei ó meu camiño:
Un anxo achegouse e tentou cambiar o meu rumbo
Oh non! Non cambiarei o meu destino!

Eu veño de Deus, e a Deus quero volver!
Amado Deus dáme unha pequena luz
que me mostre o camiño da vida eterna!

Letra do quinto movemento[editar | editar a fonte]

Auferstehung

Aufersteh'n, ja aufersteh'n
Wirst du, Mein Staub,
Nach kurzer Ruh'!
Unsterblich Leben! Unsterblich Leben
wird der dich rief dir geben!

Wieder aufzublüh'n wirst du gesät!
Der Herr der Ernte geht
und sammelt Garben
uns ein, die starben!
Friedrich Gottlieb Klopstock

O glaube, mein Herz, o glaube:
Es geht dir nichts verloren!
Dein ist, ja dein, was du gesehnt!
Dein, was du geliebt,
Was du gestritten!

O glaube
Du wardst nicht umsonst geboren!
Hast nicht umsonst gelebt, gelitten!

Was entstanden ist
Das muß vergehen!
Was vergangen, auferstehen!
Hör' auf zu beben!
Bereite dich zu leben!

O Schmerz! Du Alldurchdringer!
Dir bin ich entrungen!
O Tod! Du Allbezwinger!
Nun bist du bezwungen!

Mit Flügeln, die ich mir errungen,
In heißem Liebesstreben,
Werd'ich entschweben
Zum Licht, zu dem kein Aug' gedrungen!

Sterben werd' ich, um zu leben!
Aufersteh'n, ja aufersteh'n
wirst du, mein Herz, in einem Nu!
Was du geschlagen
zu Gott wird es dich tragen!
Gustav Mahler

Resurreción

Resucitarás outra vez, si,
resucitarás outra vez, meu po,
tras un pequeno descanso!
Vida Inmortal! A Vida Inmortal
serache concedida por aquel que te chamou.

Ti fuches sementado polo que poderás xermolar outra vez!
O señor da terra vén
e recóllenos
a nós, os que morremos.
Friedrich Gottlieb Klopstock

Oh ten fe, meu corazón, ten fe:
Non perderás nada!
Será teu, teu, si, o que desexabas!
Teu, o que amaches,
aquilo polo que loitaches!

Oh ten fe:
ti non naciches en van!
non viviches, sufriches en van!

O que viu
debe pasar!
O que pasa, debe erguerse outra vez!
Para de tremer!
Prepárate para a vida!

O dor, ti que podes cortar todo!
Eu separeime de ti!
Oh morte! ti que conquistas todo!
Agora es conquistada!

Coas ás que gañei
na calor da loita do amor,
Eu erguereime
nunha luz que ningún ollo pode comprender!

Eu morrerei, polo que eu poderei vivir!
Eu erguereime outra vez, si,
ergueraste outra vez, meu corazón, nun instante!
O que conquistaches
levarache ante Deus!
Gustav Mahler

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Libreto CD: Mahler, Symphony Nº2 pola San Francisco Symphony. Michael Tilson Thomas (en inglés)

Outros artigos[editar | editar a fonte]